Instrumento musical: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
*boquiña: boquilla, bocal ou embocadura
m →‎Clasificación: Arranxos varios using AWB
Liña 14:
** Idiófonos de entrechoque ([[claves]], [[crótalo]]s, [[castañola]]s…)
** Idiófonos percutidos: precisan dun instrumento (baqueta, mazo) que bata neles. Poden ser instrumentos de variñas percutidas ([[triángulos]]), de placas de madeira ([[xilófono]], [[marimba]]), de placas de metal ([[metalófono]], [[vibráfono]], [[celesta]], [[glockenspiel]]), de tubos percutidos ([[campás tubulares]]) ou de láminas percutidas ([[gong]], [[tam-tam]], [[prato]]).
 
* '''b) Membranófonos.''' Precisan dunha membrana ou dun parche para a produción do son). Podemos dividilos en:
** [[Timbal|Timbais]]: caldeiros de cobre ou latón cun orificio de resonancia no centro sobre o que se estende unha membrana. Hai catro tipos diferentes: baixo, grande, pequeno e agudo. No timbal moderno, o percusionista controla a afinación por medio dun pedal. Percútese con dúas baquetas.
** [[Tambor]]es: tubos sonoros cilíndricos de madeira sobre os que se tensa unha membrana grazas a unha corda disposta en zigzag. Pódense percutir por medio de baquetas ([[caixa (instrumento musical)|caixa]], [[bombo]]) ou das mans ([[bongó]]s).
 
* '''c) Cordófonos.''' Precisan de cordas que vibren.
** de teclado: a presión sobre as teclas activa mazos ou plectros que fan soar as cordas. O [[piano]] é o cordófono de teclado por excelencia, a cada nota correspóndenlle dúas ou tres cordas nas que bate un maciño. O seu antecesor é o [[claves]], en lugar de maciños emprega púas metálicas.
** de [[Arco (música)|arco]]: obtense o son por medio dun arco que freta as cordas. Entre os instrumentos de arco modernos temos (de agudo a grave) o [[violín]], a [[viola]], o [[violonchelo]] e o [[contrabaixo]]. Compóñense de catro cordas que se afinan por quintas e constan do corpo de resonancia (dentro da que se atopa a alma) a ponte, e o mango.
** de [[corda pulsada]]: as cordas son pulsadas directamente polo instrumentista. O máis popular é a [[guitarra]], ten seis cordas e componse de caixa de resonancia, ponte e mastro. Outros instrumentos desta familia son o [[laúde]] ou a [[mandolina]].
 
* d) '''Aerófonos.''' O son obtense por medio da vibración producida polo paso do aire.
** de metal, os beizos vibran nunha embocadura semiesférica. Os instrumentos de metal modernos posúen [[válvula]]s, [[pistón]]s ou [[vara]]s que facilitan a obtención de diferentes notas musicais, e rematan nunha campá. A [[trompa]] é un instrumento transpositor afinado en fa, emprega válvulas, e permite a modificación do son introducindo a man dereita na campá. A [[tuba]] tamén ten válvulas, e é o instrumento de metal máis grave, ten unha versión en do e outra transpositora en fa. A [[trompeta]] pode sérvese de pistóns, se ben en Alemaña adoita empregar válvulas, a máis empregada está afinada en si bemol. O [[trombón]] é coma unha trompeta de rexistro grave, emprega unha vara que se despraza (aínda que tamén os hai de pistóns), os mais empregados son o trombón contralto, o tenor e o baixo.
** de madeira: o aire vibra ao paso por un bisel ou por unha lingüeta. Compóñense dunha embocadura, un tubo con buratos que permite a alteración da frecuencia da [[onda sonora]], e unha pequena campá (agás a frauta). Nos instrumentos modernos estes buratos non se premen directamente cos dedos (caso de instrumentos populares e de época) senón por medio de [[chaves]]. A [[frauta]] produce o son grazas a un bisel. Dentro dos instrumentos de lingüeta dobre ou palleta temos (de agudo a grave) o [[óboe]], o óboe de amor (en la) o [[corno inglés]] (en fa), o [[fagot]] e o [[contrafagot]]. A [[gaita]] sería tamén un instrumento de madeira de dobre lingüeta, coa particularidade de que consta dun fol que almacena o aire e de roncón e ronquetas para facer bordóns. Nos instrumentos de lingüeta simple temos o [[clarinete]], que está xeralmente afinado en si bemol, e o [[saxofón]], que consta da boquilla dun clarinete máis un tubo de latón, ten sete modelos distintos (soprano, sopranino, alto, tenor, barítono e baixo).
** de vento mecánico. O [[órgano]] é o principal instrumento deste grupo. As teclas abren unha serie de tubos que fan vibrar os seus biseis ou lingüetas. O co paso do aire, que se move grazas a un sistema mecánico. O [[acordeón]] é coma un órgano en pequenos, componse de tres partes: o teclado, o fol para o aire e a zona de botóns (para o acompañamento). O son obtense grazas a lingüetas.
 
* '''e) Electrófonos.''' Resoadores de corrente eléctrica. Podemos facer dous grupos: instrumentos tradicionais electricamente amplificados (coma a guitarra eléctrica, á que se lle suprime a caixa de resonancia) e instrumentos de nova construción (son de teclado, coma as [[ondas Martenot]]). Ambos teñen en común a proxección do son por medio de altofalantes.