Violencia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
corrección erro sintáctico
m →‎Tipos: Arranxos varios using AWB
Liña 9:
=== Tipos ===
* ''Violencia directa:'' chamamos violencia directa á violencia física, aquela que ten por obxectivo ferir ou matar. Neste tipo de violencia incluímos as agresións físicas e outras formas.
 
* ''Violencia natural'' levada a cabo pola natureza, sería o único tipo de violencia xerada de forma allea ó home, á súa vontade,
 
* ''Violencia estrutural:'' consiste en agredir a unha agrupacion colectiva desde a mesma estrutura política ou económica. Así, considéranse casos de violencia estrutural aqueles nos que o sistema causa [[fame]], [[miseria]], [[enfermidade]] ou ata morte á [[poboación]]. Serían, en definitiva, aqueles sistemas que non achegan as [[necesidades básicas]] á súa poboación pola mesma formación. Se nos remitimos á definición de violencia como a aplicación de métodos fóra do natural a persoas ou cousas para vencer a súa resistencia, levaría a falar de abuso de autoridade no que alguén cre ter poder por sobre outro. Xeralmente dáse nas relacións asimétricas, o home por sobre a muller ou o pai por sobre o fillo, para exercer o control. Aínda que, a máis común é a violencia física, manifestada a través de golpes, que deixan marcas no corpo, hai outro tipo de violencia que moitas veces é máis hostil que a primeira, é a violencia emocional plasmada a través de desvalorizacións, ameazas, críticas que funcionan como mandato cultural nalgunhas [[Familia (socioloxía)|familia]]s ou grupos sociais.
 
* ''Violencia cultural:'' refírese ós aspectos da cultura que achegan unha lexitimidade á utilización dos instrumentos da violencia que nomeamos anteriormente. Así, por exemplo, pódese aceptar a violencia en defensa da [[Fe (relixión)|fe]] ou a [[relixión]]. Un caso de violencia cultural pode ser o dunha relixión que xustifique [[guerra santa|guerras santas]] ou atentados terroristas, por exemplo.
 
* ''Violencia xuvenil:'' refírese ós actos fisicamente destrutivos (vandalismo) que realizan os mozos entre os 10 e os 29 anos de idade e que afectan a outros mozos dentro do mesmo rango de idade. En todos os países, os principais actores deste tipo de violencia son os homes e algunhas veces o comportamento violento preséntase desde a infancia ou a temperá adolescencia. Con todo, a interacción cos pais e a formación de grupos, parches, galladas ou cuadrillas aumenta o risco de que os adolescentes se involucren en actividades delituosas, violentas e non violentas.