Bon Jovi: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
m nominado>nomeado (via AWB script)
m Arranxos varios using AWB
Liña 14:
}}
 
'''Bon Jovi''' é unha banda estadounidense de [[Hard Rock]], formada en [[Nova Jersey]] en [[1983]]. Acadou sona mundial a mediados dos anos 80 con temas como "[[Livin' on a Prayer]]", "[[You Give Love a Bad Name]]", "[[Bad Medicine]]", "Wanted Dead Or Alive" ou "I'll Be There For You".
 
Foi formada por [[Jon Bon Jovi]] (nome artístico de ''John Francis Bongiovi''), con [[Richie Sambora]] na guitarra, [[David Bryan]] nos teclados, [[Tico Torres]] (Héctor Torres) á batería e [[Alec John Such]] como baixista (substituído non oficialmente en 1995 por [[Hugh McDonald]]). Acadaron gran éxito nas décadas dos 80 e 90, rexurdindo no 2000 co éxito "It's My Life". Na actualidade están promocionando ''Lost Highway'', disco que ocupou o número 1 de álbums na lista de Billboard, sendo un fito histórico para a banda, que xa conta con 24 anos de carreira e arredor de 130 millóns de discos vendidos.
Liña 22:
Jon Bon Jovi é fillo de [[Frank Bongiovi]] (famoso peiteador estadounidense, fundador da franquía Jon Anthony) e de [[Carol Sharkey]] (ex-miss e antiga coelliña de [[Playboy]]). De cativo a súa nai intentou introducilo no mundo da música, pero a el non lle interesaba e a súa nai terminou desistindo. Anos máis tarde, na adolescencia, Jon acudiu a un concerto de rock & roll e foi nese momento cando tivo claro o que quería ser, "unha estrela de rock". Antes de acadar o éxito traballou no salón de peiteado do seu pai e limpando pisos de estudios de gravación.
 
Jon pasou case toda a súa adolescencia escapando do colexio para tocar rock & roll, xeralmente co seu amigo David Rashbaum ([[David Bryan]]) co que formou a banda [[Atlantic City Expressway]], que non posuía cancións propias pero que acadou moito éxito nos clubs da zona. En 1980 mudaron o nome por "The Rest". Unha noite, cando se dispuñan a abrir un concerto para [[Southside Johnny]] e [[Billy Squirer]] no Ritz de [[Manhattan]], foi miralos o seu curmán Tony Bongiovi, un famoso enxeñeiro e produtor de grupos como [[The Ramones]] ou [[Talking Heads]], e que era dono dun famoso estudo de gravación no que Jon acostumaba pasar horas axudando no que fose preciso. Tony preguntoulle a Jon como ían as cousas, ó que respondeu: ''"Odio esta banda, odio esta música, ódiote a ti, pero se podes axudarnos, chámame por teléfono"''. Días máis tarde, Southside Johnny e Billy Squirer producían a primeira demo de "The Rest". Jon contou despois que iso non era o que el quería, marchando a traballar co seu curmán ós estudos de gravación "Power Station" en [[Nova York]].
 
A finais dos 70 compartiu o estudio con [[Steven Tyler]], de [[Aerosmith]], [[David Bowie]] e [[Little Steven]], gravando algunhas cancións, máis tarde recompiladas no álbum ''[[The Power Station Years]]'', do ano 1982. {{Cita|''«Non importa quen estivese gravando no estudo, nunca lles pedín que me deixasen quedar na sesión, pero de cando en cando conectaba con eles e me deixaban quedar. Steven Tyler deixoume estar por alí e velo cantar cando Aeromisth estaba traballando en ''Rock in a hard place'', é algo que nunca esquecerei», ''.}} Tamén coñeceu grandes grupos como [[The Rolling Stones]] ou [[Queen]]. Estivo facendo presentacións locais, sendo abreconcertos doutras bandas.
Liña 28:
En 1981 Jon Bon Jovi gravou por primeira vez, coa canción "R2-D2 We Wish You a Merry Christmas" no álbum especial de Nadal ''Christmas in the Stars'', producido por Tony Bongiovi na Power Station.
 
En 1983 [[Chip Hobart]], director da emisora Wapp FM, lanzou un disco onde se recompilaba unha canción de cada artista novo, e Jon aproveitou para levar o seu sinxelo "Runaway" (canción escrita en 1980 e que gravara ese ano cando o estudio estaba baleiro), sendo a canción que máis destacou dese álbum. Debido á gran acollida que tivo, pedíronlle facer un concerto, pero necesitaba unha banda propia. [[Polygram]], que xa se fixara en Jon, fíxolle un gran contrato dándolle a liberdade de contratar ós músicos que el quixese. Jon recrutou a David Bryan, co que xa tocara , o baixista Alec John Such, membro de [[The Message]], quen chamou a Tico Torres para que se instalase na batería. Logo uniuse Richie Sambora, quen logo de ver á banda nun concerto díxolle a Jon que el sería o novo guitarrista. E así, o 21 de xaneiro de 1984 sae á venta o seu primeiro disco, ''[[Bon Jovi (álbum)|Bon Jovi]]'', co xa mencionado sinxelo "Runaway", que chegou ó top 40. Tamén incluía temas como "She Don't Know Me", "Love Lies" ou "Roulette".
 
En 1985 lograron o disco de Ouro co álbum ''[[7800 Degrees Fahrenheit]]'', do que lanzaron os sinxelos "In And Out Of Love", "Silent Night" e "Only Lonely", canción que escribiu Jon pouco despois de romper coa súa moza, cando lle deu a elixir entre a música e ela. O disco logrou certo interese, pero non o éxito que desexaban e esperaban. O desinterese manifestábase debido á presenza de baladas, calidade esta na que máis fincapé fixeron os seus detractores, dándolle unha imaxe falsa e mol do que é o [[Heavy Metal]], xa que, nesa época o público do xénero demandaba un son e unha imaxe que reivindicase posturas de rebeldía. Só dous grupos lograran romper as barreiras entre pesados e suaves: [[Def Leppard]] e o propio Bon Jovi.
Liña 35:
 
=== Días de gloria con ''Slippery When Wet'' e ''New Jersey'' (1986-1989) ===
Debido a que o seu último álbum acadara un éxito moderado, puxéronse a traballar no lanzamento do seu decisivo terceiro álbum, ''[[Slippery When Wet]]'', en 1986, que non só significou o seu lanzamento ó estrelato, senón que foi un dos álbums máis vendidos de 1986 e da década dos 80. Para este lanzamento contaron coa axuda do reputado produtor e compositor [[Desmond Child]]. O disco vendeu máis de 12 millóns de copias nos EE.UU, onde os sinxelos "You Give Love A Bad Name" e "[[Livin' on a Prayer]]" foron número un. "Livin' On A Prayer" estivo 4 semanas no primeiro lugar da revista Billboard, o álbum estivo no top 5 durante 38 semanas e 46 semanas no top 10. Tamén triunfaron as cancións "Never Say Goodbye", "Raise Your Hands", "Wild In The Streets" e "Wanted Dead Or Alive", que se converteu na insignia da banda).
 
En outubro o disco chegou ó número 1 nos Estados Unidos, onde estivo 8 semanas. En Canadá logrou 10 discos de platino, dous no Reino Unido, un de ouro en Alemaña, España, Italia, Finlandia, Suecia e Xapón. A fama chegou a tal punto que Jon asinaba con outro nome nos hoteis onde se aloxaban para pasar desapercibido.
Liña 57:
En 1992 reintegrouse o quinteto, lanzando ó mercado o álbum ''[[Keep The Faith]]'', co que a banda experimentou un cambio musical, para estar acorde cos novos tempos e manterse en boa brecha, o que provocou moitas críticas. Estas incrementáronse polo cambio radical da súa aparencia.
 
Ante estas críticas Jon declarou: {{Cita|''«En ocasións penso que é o mellor que fixemos. ''Keep the Faith'' ten un montón de temas excelentes; "I'll Sleep When I'm Dead", trata dunha rapaza que baila sobre unha mesa; "Blame it on the Love of Rock n' Roll", fala de cando eramos novos e diciamos "vou tocar no Madison Square Garden" algún día, e os teus amigos contestábante "si, claro, por suposto..."; "Keep the Faith" é un tema máis serio e recoñece o dura que é a década dos noventa. Reflexa a decepción da banda ante a indiferencia cara os problemas e trata de dar unha mensaxe positiva nestes tempos tan difíciles; "I Believe" ten un diálogo moi serio: destrúe o mito da idolatría. "If I was your Mother" trata dun tipo que está obsesionado coa relación que ten coa súa moza. Garantízovos que non é a parte dous ou tres de ''Slippery'' ou ''New Jersey''. Non son as mesmas cancións, as mesmas estruturas, pero falamos da mesma banda»''.}}
 
Despois de todo arrasan novamente e amosan a súa calidade en cancións como "Keep the Faith", "Bed Of Roses", "In these arms", "I'll Sleep When I'm Dead", "I Believe" ou "Dry county" (ademais da primeira canción en castelán da banda, "Cama de Rosas"). O álbum logrou vender 10 millóns de copias a nivel mundial, e con el iniciaron outra xira mundial, que os levou por segunda vez a Latinoamérica.
Liña 68:
En xuño dese ano a banda tocou no mítico Estadio de Wembley, en [[Londres]]. Foron os días 23, 24 e 25, con cheos absolutos de 72.000 persoas por noite. A terceira noite foi gravada e editada en video como ''[[Live From London]]'', con 11 temas dos máis de 20 que tocaron.
 
Logo da emisión de ''These Days'', cando a banda aínda non terminara a xira de ''Crossroad'' e trala saída de Alec, Jon manifestou: {{Cita|''"Tivemos álbums enormes, como tivemos álbums non tan enormes; con tal de que eu estivese contento con eles non me importaba. Eu estou moi contento de que o álbum dos mellores éxitos fose tan enorme; iso si é un gran placer, pero o que é importante é que a nós nos gustan as cancións e tamén ó público que as escoita; ''These Days'' é a continuación dunha aventura da banda. Ninguén sabe onde terminará, pero eu sei que non estamos retrocedendo"''.}}
 
En 1996 continúa a xira mundial de ''These Days'', percorrendo case toda Europa, América e Xapón con cheos totais.
Liña 77:
En 1997 Jon Bon Jovi editou o seu terceiro álbum como solista, ''[[Destination Anywhere]]'', onde aparecen bos temas de [[pop]], como "Janie, Don't take your Love to Town", "Naked", "Midnight in Chelsea", "Destination Anywhere", "Queen of New Orleans" ou a canción en castelán "Miro a tu Ventana". Son temas escritos en distintas partes do mundo. Richie Sambora, pola súa parte, edita ''[[Undiscovered Soul]]'', o seu segundo álbum como solista, con temas como "Hard Times Come Easy" ou "Made in America". David Bryan tamén editou nese ano o seu primeiro disco en solitario, ''[[Lunar Eclipse]]'', con temas instrumentais (todas a piano e creadas por el), máis o éxito do 92 "In These Arms" en versión cantada por el.
 
Nestes anos Jon convertiuse en modelo e artista de cine, participando en películas como "Little City", "Moonlight and Valentino" e "Destination Anywhere" onde comparte o protagonismo con [[Demi Moore]].
 
O 31 de xaneiro de 1998 houbo un concerto chamado "Jon Bon Jovi and Friends Come Together", en homenaxe a [[Patrick King]], que fora asasinado o 20 de novembro de 1997. Logo Jon participou no evento humanitario "[[Pavarotti and Friends]]", onde interpreta xunto a [[Luciano Pavarotti]] a canción "Let it Rain".
Liña 94:
 
=== O 20º aniversario da banda (2003-2004) ===
No 2003 editouse ''[[This Left Feels Right]]'', unha antoloxía dos seus mellores éxitos pero cun estilo totalmente diferente e, ademais, nun formato case acústico. No seu lugar pensábase realizar un disco acústico, gravado en [[Iocoama]] ([[Xapón]]) no 2003 xunto a unha orquestra, pero á hora de mezclar as cancións pensaron que o mellor era gravalas todas de novo, pero cun xiro á esquerda. Unha vez no estudio a banda considerou que un álbum acústico en directo non aportaba nada significativo a Bon Jovi naquel momento, o que os motivou a coller os éxitos e traballar sobre eles dándolles un novo punto de vista. Jon sinalou: {{Cita|''«Creo que a mellor definición para este álbum é "ecléctico", sabes?, o título "Esta esquerda síntese dereita" ''(ou correcta, ben...)'', isto é o que é o noso novo álbum, unha re-introdución a vellos amigos, un disco moi diferente, que ós seguidores lles gustará moito e que tentará a nova xente que nunca escoitou á banda antes a escoitarnos»''.}} O doble DVD que recolle o concerto no Casino Borgata bateu records de ventas na súa primeira semana. Porén, o álbum non conseguiu as metas esperadas. Jon, nunha entrevista realizada a principios do 2007, deu a coñecer a súa disconformidade con este proxecto: {{Cita|''«Gravamos o disco de grandes éxitos e eu sentíame realmente artístico con este novo traballo, sabes? Era algo inédito, e o sacamos á venta. Foi un fracaso, un total fracaso. Os críticos dixeron: «Non xoguen cos nosos recordos nin coas nosas memorias». Foi un duro golpe sobre a miña cabeza, como un martelazo! Aquilo foi un espertar para min. Eu chamábao arte cando en realidade non o era. Os críticos cuestionábanme, onde estaba a arte? Se a verdadeiro arte estaba nos éxitos orixinais, iso foi unha crítica constructiva moi boa. Definitivamente, non o faría de novo.»''.}}
 
No 2004, en agradecemento á gran cantidade de seguidores, sacan o seu Box Set chamado ''[[100'000,000 Bon Jovi Fans Can't be Wrong]]'', unha colección de 4 CD's e un DVD como recompilación de 50 cancións inéditas, no que celebran os seus 20 anos e no que centos de fans teñen a posibilidade de escribir no booklet. Del destacan "Why aren't you dead?", "The Radio Save My Life Tonight", "Good guys don't always wear white", a versión 2004 da banda sonora da película ''[[Ed TV]]'', "Real Life" ou "Open all night". Algunhas das cancións son demos ou versións distintas ("Temptation", "Real Life", "Someday I'll be saturday night"...) de caras B ou BSO.
Liña 490:
|valign="top"|
|}
 
 
== Premios ==