Prusia (rexión): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Portal|Rusia}}; cambios estética
m Arranxos varios using AWB
Liña 6:
'''Prusia''' (en [[Lingua prusiana antiga|antigo prusiano]]: ''Prūsa'', en [[lingua alemá|alemán]]: ''Preußen'', en [[latín]]: ''Borussia'') é unha rexión histórica do [[leste de Europa]] situada nos confíns das actuais [[Polonia]] e [[Rusia]], centrada na baía de [[Gdańsk]] na costa sueste do [[mar Báltico]] e que se estendía terra adentro até a [[Masuria]].
 
O seu nome vén dunha deformación do dun dos seus pobos autóctonos, os [[borusios]] ou prusianos, de orixe [[pobos bálticos|báltica]].
 
A rexión foi colonizada e xermanizada polos [[Orde Teutónica|cabaleiros teutónicos]] nos [[século XI|séculos XI]] e [[século XII|XII]] que a disputaron durante moito tempo aos [[Polonia|polacos]].
Liña 12:
Distínguese unha [[Prusia Oriental]] e unha [[Prusia Occidental]], que foron reunidas temporalmente nunha [[Provincia de Prusia]] do [[Imperio alemán]].
 
O seu territorio divídese hoxe entre o nordés de Polonia ([[Varmia e Masuria]]), o enclave [[rusia|ruso]] da [[óblast de Kaliningrado]] e o oeste de [[Lituania]] ([[Territorio de Memel]]).
 
O antigo estado alemán de Prusia ([[1525]]–[[1947]]) deriva o seu nome desta rexión.
 
== Xeografía ==
Prusia esténdese a carón do litoral [[mar Báltico|báltico]], e ten un relevo maioritariamente chan (de feito, o nome de "Polonia" vén da palabra [[eslavos|eslava]] ''polié'', que significa "chaira"). O punto máis baixo encóntrase en [[Raczki Elblaskie]], en [[Polonia]] (1,8 m baixo o nivel do mar). Abundan as zonas lacustres, especialmente en [[Masuria]], onde ocupan o 12 % da súa superficie total.
 
O solo de Prusia está formado polo [[Escudo Báltico]] e a [[Chaira Sármata]]. A inclinación do terreo é de sur a norte, é dicir, cara ao [[mar Báltico]].
Liña 29:
[[Ficheiro:Plaża w Pucku - kitesurfers - beach in Puck (4).jpg|miniatura|230px|A temperatura media no verán durante o día ao nivel do mar ao longo da costa báltica é de 22 ° C.]]
 
Os principais ríos que atravesan a rexión, e desembocan no Báltico, son o [[Vístula]] e o [[río Oder|Oder]] o Vístula (en polaco, ''Wisła''), de 1.047  km de lonxitude, que baña ao redor da metade do territorio, e que nace moi ao sur, nos [[montes Tatra]] ([[Cárpatos]]), cruza as rexións da [[Pequena Polonia (rexión)|Pequena Polonia]] e [[Mazovia]], pasando por [[Cracovia]] e [[Varsovia]], as dúas capitais que tivo Polonia. Na súa desembocadura forma un delta.
 
O Oder (en polaco, ''Odra'') ten unha lonxitude de 854  km, e o seu principal afluente e o [[río Warta|Warta]] (en alemán ''Warthe''), de 808  km de percorrido; Oder e Warta forman unha conca hidrográfica que drena a rexión histórica, afluíndo ás baías o norte de [[Szczecin]].
 
A porción final das concas do Vístula e do Oder comprende a maior parte da rexión, que está percorrida por un sistema de ríos que principalmente se unen ao Vístula desde o leste. Estes ríos son propios da chaira. Son navegábeis en moitos treitos. Ademais, hoxe están unidos por canles. Pero o efecto de drenaxe nunha gran parte do territorio é débil, especialmente na rexión lacustre. O predominio de zonas pantanosas, o nivel do terreo e os pequenos lagos impiden un movemento de auga a grande escala. Os ríos teñen un réxime de dous períodos de gran caudal ao ano. O primeiro débese ao desxeo na primavera, o que incrementa o volume dos ríos na chaira; o segundo está causado polas chuvias intensas de xullo.
Liña 43:
 
=== Clima ===
As pautas meteorolóxicas a curto e longo prazo da rexión son de transición e variábeis pola colisión de diversas masas de aire por riba da superficie do país. O aire mariño móvese cruzando [[Europa occidental]], o aire [[ártico]] barre desde o [[Atlántico|océano Atlántico Norte]] e o aire subtropical chega desde o [[Atlántico|océano Atlántico Sur]].
 
Aínda que o aire ártico domina durante gran parte do ano, a súa conxunción con correntes máis cálidas modera as temperaturas e xera considerábeis [[Precipitación (meteoroloxía)|precipitacións]], nubes e néboa. O clima é frío, moi rigososo en inverno. A primavera chega lentamente en marzo ou abril, traendo principalmente días soleados despois dun período alternando condicións invernais e primaverais. Os veráns, que se estenden desde xuño até agosto, é xeralmente menos húmido que o inverno; son suaves, con temperaturas que varían entre os 15º e os 25 °C. Os chuvascos e as tormentas alternan con tempo seco e soleado, que se produce cando prevalecen os ventos do sur. A principios do outono o tempo é xeralmente soleado e temperado, antes dun período chuvioso e máis frío en novembro, ren que comenza a transición ao inverno. O inverno máis cru, que pode durar de un a tres meses, trae frecuentes tormentas de neve. O rango de temperaturas medias é de 6 °C. A costa báltica, influída por moderados ventos do oeste, ten veráns máis frescos e invernos máis temperados. Nas zonas ao longo do [[río Vístula|Vístula]] entre [[Varsovia]] e o [[mar Báltico]] e o extremo noroeste, a media de precipitacións é de menos de 500  mm.
 
=== Medio ambiente ===
Liña 73:
[[Ficheiro:TeutonicOrder1400.png|miniatura|230px|O Estado da [[Orde Teutónica]] en [[1400]].]]
Na [[Idade Media]] os [[pobos bálticos]] estaban entre os últimos pobos de [[Europa]] que aínda eran [[paganismo|pagáns]]. As múltiples campañas de evanxelización organizadas polos cabaleiros polacos da [[Orde de Dobrin]] (''Bracia Dobrzyńscy'') encontraron pouco eco e, ao principio do [[século XIII]], os borusios invadiron a [[Mazovia]]. O duque polaco [[Conrado de Mazovia]] chamou entón na súa axuda, en [[1225]], aos [[Orde Teutónica|cabaleiros teutónicos]] [[Alemamaña|alemáns]].
 
A Cruzada Báltica (ou campaña de Prusia) comezou en [[1231]] baixo o mando de [[Hermann Blake]]. A conquista fíxose sobre todo grazas á construción de castelos e fortes, e de ''razzias'' sobre as vilas bálticas. Os primeiros castelos contruíronse ás beiras do [[Vístula]], en [[Toruń|Thorn]] ([[1231]]), [[Elbing]] e [[Kulm]], e despois na beira do [[mar Báltico]], en [[Samland|Sambie]] (''Samland'' en alemán).
 
O pobo borusio que vivía en parte grazas á pesca viuse entón privado do seu acceso ao mar. [[Königsberg]] foi fundada en [[1255]]. A mediados do [[século XIII]], os borusios intententan unha última revolta que non fará máis que precipitar o seu declive. De 170 000 antes da conquista, non son máus que 90 000 contra [[1300]]. Prusia convértese entón nunha terra de ''Drang nach Osten'' (colonización alemá cara o leste).
 
As terras agrícolas foron xenerosamente entregadas a colonos vindos de [[Alemaña]] e de [[Países Baixos|Holanda]], que alí construíron novas vilas tales como [[Marienburgo]] (hoxe [[Malbork]]) en [[1280]], capital do Estado teutónico en [[1309]], e na que a impresionante fortaleza de Marienburgo foi a sede da Orde.
 
[[Ficheiro:Marienburg 2004.jpg|miniatura|230px|esquerda|Panorámica actual de Marienburgo.]]
 
As cidades de Prusia experimentan entón unha expansión espectacular e a construción de portos permite o comercio co resto do mar Báltico. O país tamén se estende cara ao oeste pola anexión de [[Danzig]].
 
A Prusia teutónica coñece unha época de prosperidade até o [[século XV]], beneficiándose da súa condición de ''terra de cruzada'' debido aos esporádicos combates contra os lituanos que seguían a ser pagáns.
Liña 90:
 
=== Decadencia da Prusia teutónica ===
En [[1409]], estala unha sublevación na posesión teutónica de [[Samogitie]], no nordeste de [[Lituania]], cuxa poboación era aínda [[paganismo|pagá]].
 
O [[14 de agosto]], o Gran Mestre da Orde Teutónica [[Ulrich von Jungingen]] declarou a guerra á Unión de Krewo. Inmmediatamente as forzas teutónicas pasaron á ofensiva e invadiron a [[Gran Polonia]] e a [[Cujavie]], pero os polacos responderon á invasión reconquistando [[Bydgoszcz]]. Un acordo de [[armisticio]] asinado o [[24 de xuño]] de [[1410]], permitiu aos lituanos e polacos prepararse para terminar coa ameaza teutoa de vez. A [[batalla de Grunwald]], o [[15 de xullo]] seguinte, tamén coñecida como "batalla de Tannenberg", marcaría o inicio da decadencia dos cabaleios teutónicos.
Liña 98:
A poboación prusiana rebelouse entón de novo contra os cabaleiros alemáns e pediu axuda ao rei de Polonia [[Casimiro IV Iagelión|Casimiro IV]]. A [[guerra dos Trece Anos]] estalou unha vez máis entre a Orde e Reino de Polonia en [[1454]], durante a cal Prusia se empobreceu. A [[batalla de Puck]] en [[1462]] foi unha vitoria decisiva dos polacos que se traduciu no segundo [[tratado de Toruń]], polo que a Orde Teutónica cedía a Polonia o leste da [[Pomerania]], así como os [[voivodato]]s prusianos de [[Elbląg]] (en prusiano, ''Elbling''), [[Malbork]] e [[Chełmno]] (''Culm'' ou ''Kulm'' en alemán) que logo formarían a [[Prusia Real]]. O resto da "Prusia Teutónica" permaneceu en posesión da Orde, pero sometida á soberanía [[feudalismo|feudal]] de Polonia.
 
A comezos do [[século XVI]], un novo ''terremoto'' sacude profundamente os fundamentos da Orde cabaleiresca alemá. En efecto, desde [[1520]] o vento da [[Reforma protestante|Reforma]] sopra sobre os Estados do [[Sacro Imperio Romano Xermánico]].
 
En [[1511]], [[Brandeburgo|Albert de Brandeburgo]] foi elixido cono 37º Gran Mestre. Aínda que era sobriño do [[Reino de Polonia (1385-1569)|rei de Polonia]] [[Sexismundo I de Polonia|Sexismundo I]], dirixiu unha guerra contra el desde [[1519]] a [[1521]] que rematou cunha [[tregua]] de catro anos. Ao final da tregua, negociou co seu tío un acordo que lle permitiu converterse ao [[luteranismo]]. Sexismundo aceptou coa condición de que Prusia continuase sendo un feudo vasalo do Reino de Polonia. O acordo final selouse polo [[tratado de Cracovia]], que se asinou o [[5 de abril]] de [[1525]]. Albert transformou o que quedaba da vella Prusia teutoa no [[Ducado de Prusia|Ducado hereditario de Prusia]] e trasladou o seu goberno a [[Königsberg]].