Metro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Liña 62:
 
== Historia da definición do metro ==
[[Ficheiro:Kilometre definition.svg|thumb|200px|Definición antiga do [[metro]] como a dezmillonésima parte da metade dun [[meridiano]] terrestre.]]
Durante toda a historia leváronse a cabo intentos de unificación das distintas medidas co obxecto de simplificar os intercambios, facilitar o comercio e o cobro xusto dos [[imposto]]s. Na [[Revolución Francesa]], xunto con outros desafíos considerados necesarios para os ''novos tempos'', nomeáronse comisións de científicos para uniformar os pesos e as medidas, entre os que está a lonxitude. A tarefa foi ardua e complexa. Considerouse empregar como padrón a lonxitudo do [[péndulo]] nun [[segundo]] a unha [[latitude]] de 45°, pero acabou descartándose por non ser ''un modelo completamente obxectivo''.<ref>Estrada, H. Ruiz, J. Triana, J. [http://bibliotecadigital.univalle.edu.co/bitstream/10893/4105/1/08Art.pdf El origen del metro y la confianza en la matemática], 2011, ISSN 0120-6788, págs.&nbsp;89-101.</ref> Finalmente acordouse medir un arco de [[meridiano]] para establecer sobre el e polo tanto sobre a propia [[Terra]] o [[unidade de medida|padrón]] do metro. Os encargados de facer esta medida foron [[Jean Baptiste Joseph Delambre]] e [[Pierre Méchain]], que a estableceron entre 1791 e 1798 mediante un sistema de triangulación dende [[Dunkerque]] a [[Barcelona]].<ref name=DenigGuedj/>