Intercambiador de calor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Arranxos varios using AWB
Liña 3:
Un '''intercambiador de calor''' é un dispositivo deseñado para transferir [[calor]] entre dous medios separados por unha barreira ou que se encontren en contacto. Son parte esencial dos dispositivos de [[calefacción]], [[refrixeración]], [[climatización]], [[produción de enerxía]] e [[procesamento químico]].
 
Entre outras aplicacións un intercambiador de calor permite mellorar o rendemento dunha [[frigorífico| instalación frigorífica]] ao subenfriar o [[líquido]] que admite a [[dispositivo de expansión|válvula de expansión]]. Por outra banda implica que o sobrequentamento dos [[vapor| vapores]]es que chegan ao [[compresor]] sexa máis importante.
 
==Clasificación==
Liña 10:
* Intercambiadores de contacto indirecto:
# Alternativos: os fluídos percorren un mesmo espazo de forma alternada, a mestura entre os fluídos é desprezable.
# De Superficie: son equipos nos que a transferencia de calor se realiza a través dunha superficie, [[cilindro| cilíndrica]] ou plana, sen permitir o contacto directo. Segundo o sentido de movemento dos fluídos existen varios tipos de intercambiadores de superficie como o [[intercambiador de fluxo paralelo]], o [[intercambiador de fluxo a contracorrente]] e o [[intercambiador de fluxo cruzado]]. O intercambiador indirecto máis simple é o de tubos concéntricos; consta de dúas [[canalización| canalizacións]]s concéntricas, unha no interior da outra, circulando os dous [[fluído| fluídos]]s polo espazo anular e pola canalización interior.
 
==Sistemas de transmisión de calor==
====Transmisión de calor por conducción====
A [[condución de calor]] é a forma en que ten lugar a transferencia de enerxía a escala molecular. Cando as [[molécula| moléculas]]s absorben [[enerxía térmica]] vibran sen desprazarse, aumentando a amplitude da vibración conforme aumenta o nivel de [[enerxía]]. Esta vibración transmítese dunhas moléculas a outras sen que teña lugar movemento ningún de [[traslación]]. Na transmisión de calor por condución non hai movemento de materia. A condución é o método máis habitual de transmisión de calor en procesos de quentamento/arrefriamento de materiais [[sólido| sólidos]]s opacos. Se existe unha gradiente de [[temperatura]] nun corpo, terá lugar unha transmisión de calor dende a zona de alta temperatura cara á que está a temperatura máis baixa. O fluxo de calor será proporcional ao gradiente de temperatura.
 
====Transmisión de calor por convección====
Cando un fluído circula ao redor dun sólido, por exemplo polo interior dunha canalización, se existe unha diferenza de temperatura entre ambos os dous, ten lugar un intercambio de calor entre eles. Esta transmisión de calor débese ao mecanismo de [[convección]]. O quentamento e arrefriamento de gases e líquidos son os exemplos máis habituais de transmisión de calor por convección. Dependendo de se o fluxo do fluído é provocado artificialmente ou non, distínguense dous tipos: forzada e libre (tamén chamada natural). A convección forzada implica o uso dalgún medio mecánico, como unha [[bomba hidráulica| bomba]] ou un [[ventilador]], para provocar o movemento do fluído. Ambos os dous mecanismos poden provocar [[movemento laminar]] ou [[movemento turbulento]] do fluído.
 
== Véxase tamén ==
Liña 23:
* [https://books.google.es/books?id=vQcusuzVPssC&printsec=frontcover&dq=inauthor:%22Patrick+Jacquard%22&hl=es&sa=X&ved=0CCwQ6AEwAWoVChMIx-j-sKGFxgIVJe5yCh1j_AAt#v=onepage&q=intercambiador%20de%20calor&f=false ''Formulario del frío'', por Pierre Rapin e Patrick Jacquard] {{es}}
 
[[Categoría: Enxeñaría]]