Condutividade térmica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
corrixo "soen" por "adoitan" ou "acostuman"
Liña 7:
 
==Condutividades térmicas dos materiais==
A ''[[condutividade térmica]]'' é unha propiedade dos materiais que valora a capacidade de conducir o calor a través deles. É elevada en [[Metal (material)|metais]] e en xeral en corpos continuos, e é baixa nos [[gas]]es (a pesares de que neles a transferencia pode facerse a través de [[electrón|electróns]]s libres) e en materiais iónicos e [[covalente]]s, sendo moi baixa nalgúns materiais especiais como a [[fibra de vidro]], que se denominan por iso [[illante térmico|illantes]] térmicos. Para que exista condución térmica fai falta unha sustancia, de aí que é nula no [[baleiro]] ideal, e moi baixa en ambientes onde hai un baleiro elevado.
 
Nalgúns procesos industriais traballase para incrementar a condución de calor, ben utilizando materiais de alta condutividade ou configuracións cunha gran área de contacto. Noutros, o efecto buscado é xusto o contrario, e desexase minimizar o efecto da condución, para o que se empregan materiais de baixa condutividade térmica, baleiros intermedios, e dispóñense en configuracións con pouca área de contacto.
Liña 40:
A táboa que se mostra a continuación refírese á capacidade de certos materiais para transmitir a calor.
 
O [[coeficiente de condutividade térmica]] (λ) caracteriza a cantidade de calor necesaria por m<sup>2</sup>, para que atravesando durante a unidade de tempo, 1 m de material homoxéneo obteña unha diferenza de 1 &nbsp;°C de temperatura entre as dúas caras.
 
A condutividade térmica exprésase en unidades de [[vatio|W]]/([[metro|m]]•[[Kelvin|K]]) ([[Joule|J]]/([[segundo (unidade de tempo)|s]] • [[metro|m]] • [[grao Celsius|°C]])).