Vidiadhar Surajprasad Naipaul: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m Arranxos varios using AWB
Liña 1:
[[Ficheiro:Nobel prize medal.svg|dereita|50px]]
 
Sir '''Vidiathar Surajprasad Naipaul''', máis coñecido como '''V. S. Naipaul''', nado en [[Chaguanas]], [[Illa Trinidad]], [[Trinidad e Tobago]] en [[1932]], é un [[escritor]] [[Reino Unido|británico]], orixinario de [[Trinidad e Tobago]], galardoado co [[premio Nobel de Literatura]] no ano [[2001]].
 
== Traxectoria ==
Sendo fillo de inmigrantes do norte da [[India]]. Aos 18 anos trasladouse a [[Inglaterra]] para estudar na [[Universidade de Oxford]], licenciándose en arte en [[1953]].
 
A súa obra caracterízase pola análise do mundo [[Colonialismo|colonial]]. En particular, adoita aludir á existencia alienada de quen se ven sometidos ou involucrados nun ámbito que non lles é propio.
 
"O Curandeiro Místico" (''The Mystic Masseur'') é a súa primeira novela, trátase dunha sátira acerca do ascenso social de alguén que provén do ambiente rural e hindú de Trinidad.
"Os Simuladores" (''The Mimic Men'') é unha novela na cal analízase unha sorte de "esquizofrenia colonial" (iso segundo as propias palabras do autor na conferencia brindada ao recibir o premio Nobel).
En "A Perda do Dourado" (''The Loss of El Dourado''), o autor estuda a evolución da illa de Trinidad desde o descubrimento, a vida indíxena, pasando pola conquista inglesa. Nun xénero literario orixinal, que toma elementos da novela e do ensaio histórico, realizado segundo os documentos existentes na [[British Library]], Naipaul desenvolve o seu tema habitual, o estrañamento cultural, nun relato de gran interese literario e histórico.
 
"Un Camiño no Mundo" (''A Way in the World'') é unha colección de ensaios e novelas curtas sobre a illa de Trinidad, a súa historia, a súa xente e o desgarro cultural como denominadores comúns.
 
"A Turn in the South" é unha crónica que cobre os aspectos máis saíntes da vida do sur dos Estados Unidos. As historias do libro refírense á decadencia das familias aristocráticas do Sur, ao ascenso da poboación de raza negra, ás distintas relixións do sur, describe aos denominados "rednecks", visita Graceland para brindar as súas impresións acerca da mansión de Elvis Presley, dános unha idea da cultura xerada en torno ao cultivo do tabaco, entre outras historias. Todas elas tratan de facer unha síntese que abarque ao Sur como unidade cultural, dende as súas orixes ata a actualidade. Paradoxicamente non fai ningunha descrición de Oxford nin se ocupa da obra do gran escritor sureño William Faulkner, pero todo o libro tacitamente se refire ao mesmo, dado que dende a prosa, ocúpase dos mesmos temas que Faulkner narrou mediante a ficción. Trátase dun libro excelente para entender a atmosfera que rodea a obra de Faulkner, asemellándose a unha análise sociolóxica (de gran calidade) da obra do autor nacido en Oxford.
 
"India" (''India, a Wounded Civilization''), é unha colección de relatos e reportaxes realizadas por Naipaul na súa viaxe á India en 1990. Como trasfondo obsérvase a modernización do [[Subcontinente Indio]] e o seu contraste coa sociedade tradicional. Os parias, os [[sikhismo|sikhs]], os [[Pobo támil|támiles]], os [[brahmana]]s, a industria cinematográfica, os [[xiismo|xiitas]], son descritos nos seus propios ambientes a través das historias persoais de distintos integrantes das devanditas comunidades.
 
A Academia Sueca premiouno pola súa recuperación de historias suprimidas, entre as cales podemos citar ós indíxenas de Trinidad, a poboación hindú da illa que esquece o idioma dos seus devanceiros, ós musulmáns de Trinidad que ignoran a orixe do seu apelido, a toponimia de Chaguanas etc.
 
En síntese, esquecemento e perda cultural por unha banda e alienación polo outro son os temas tratados por Naipaul.
Liña 39:
* ''Un Camiño no Mundo (1994)''
* ''Media Vida (2001)''
* ''Sementes Máxicas (2004)''
 
=== Non Ficción ===
Liña 51:
* ''Among the Believers: An Islamic Journey (1981)''
* ''A Turn in the South (1989)''
* ''Ler e Escribir (2000)''
 
{{Premio Nobel de Literatura}}
 
{{ORDENAR:Naipaul, Vidiadhar}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Naipaul, Vidiadhar}}
[[Categoría:Premio Nobel de Literatura]]
[[Categoría:Escritores en lingua inglesa]]