UNICEF: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m Arranxos varios using AWB
Liña 16:
| páxina_web = http://www.unicef.org/spanish/
}}
 
 
O '''Fondo das Nacións Unidas para a Infancia''', máis coñecido como '''UNICEF''' foi creado pola [[Asemblea Xeral das Nacións Unidas]] o [[11 de decembro]] de [[1946]] co nome de '''Fondo Internacional de Emerxencia das Nacións Unidas para a Infancia''', tiña como misión atender as necesidades dos nenos e nenas na China e Europa tras a [[Segunda Guerra Mundial]] e cando a [[ONU]] decidiu en 1953 que tivera tempo indefinido mudou o seu nome para o actual. A súa sede central está en [[Nova York]] e colabora cos países en desenvolvemento para procurar o benestar infantil. En 1965 foille concedido o [[Premio Nobel da Paz]]
 
Primeiro foi coñecido como '''UNICEF''', [[acrónimo]] de ''United Nations International Children's Emergency Fund'' (en galego, Fondo Internacional de Urxencia das Nacións Unidas para a Infancia). En [[1953]], UNICEF convértese en organismo permanente dentro do sistema de [[Nacións Unidas]], encargado de axudar os [[neno]]s e protexer os seus [[dereitos do neno|dereitos]]. O seu nome foi reducido a fondo das Nacións Unidas para a Infancia (''United Nations Children's Fund''), pero mantívose o acrónimo '''UNICEF''' polo que é coñecido ata agora.
 
Outorgóuselle o [[Premio Nobel da Paz]] en [[1965]] e o [[Premios Príncipe de Asturias|Premio Príncipe de Asturias da Concordia]] en [[2006]].
 
== Prioridades ==
[[Ficheiro:Starved girl.jpg|miniatura|100px| Nena de [[Biafra]]]]
A UNICEF axuda principalmente en zonas de extrema [[pobreza]], en [[África]] e outras latitudes do [[Terra|mundo]]. Está enfocada principalmente en 5 prioridades:
 
* Supervivencia e desenvolvemento da [[infancia]].
Liña 32 ⟶ 31:
* Protección a nenos contra a violencia, explotación e abuso.
* O [[SIDA]] e os nenos.
* Políticas de vixilancia dos [[dereitos dos nenos]].
 
As áreas de acción da UNICEF inclúen desenvolvemento da nenez temperá, desenvolvemento na [[adolescencia]], e participación nos patróns de vida baseándose na educación.
 
== Críticas ==
UNICEF foi obxecto de críticas pola súa promoción do aborto.{{cómpre referencia}} A Igrexa católica achegaba ata o ano 1996 unha suma simbólica destinada a promover o apoio entre os católicos, esta colaboración foi interrompida debido ao constante apoio de UNICEF a campañas promotoras do aborto e en especial debido unha distribución de sustancias abortivas en [[Ruanda]] e na [[República Democrática do Congo]] nese ano.
 
== Educación ==
[[Ficheiro:AF-kindergarten.jpg|miniatura|200px|Nenos.]]
Emprende intervencións avaladas para mellorar a vida de todas as persoas, incluíndo a nenos. A [[educación]] dos mozos e [[muller]]es redunda en importantes beneficios para as presentes e futuras xeracións.
 
O obxectivo da UNICEF na educación, é levar a [[escola]] a máis nenas, asegurándose da súa permanencia e que dispoñan dos equipamentos básicos adecuados necesarios para a súa vida posterior.
 
Os esforzos son constantes no sentido de asegurar a cada nena e neno do mundo o dereito que teñen á educación. A estratexia de aceleración na [[matrícula|matriculación]] das nenas efectuouse en polo menos 25 países durante o período [[2002]]-[[2007]]
 
== Inmunización ==
A [[inmunización]] é materia directa na cal intervén a UNICEF, dentro da cal incluíu melloras na [[saúde]] dos nenos e nenas do mundo, polo menos durante os últimos 20 anos.
 
A pesar disto, todos os anos morren máis de 2 millóns de meniños e meniñas por [[enfermidade]]s que puideron terse prevido pola aplicación oportuna de [[vacina]]s económicas.