Abrir o menú principal

Cambios

m
Arranxos varios using AWB
'''Theodor Mommsen''', nado en [[Garding]], [[Schleswig]], o [[30 de novembro]] de [[1817]] e finado en Marchstrasse ([[Charlottenburg]]) [[Berlín]], o [[1 de novembro]] de [[1903]], foi [[xurista]], [[filólogo]] e [[historiador]] [[Alemaña|alemán]] que recibiu o [[premio Nobel de Literatura]] en [[1902]].
 
{{Cita|''Cando o home xa non atope pracer no seu traballo e traballe só para alcanzar os seus praceres canto antes, entón só será casualidade que non se converta en delincuente''.|Theodor Mommsen}}
 
== Traxectoria ==
Christian Matthias Theodor Mommsen naceu no seo dunha humilde familia de [[Garding]], unha pequena localidade da rexión de [[Schleswig-Holstein]] que por aquel entón pertencía a [[Dinamarca|Coroa de Dinamarca]]. O seu pai, pastor protestante, introduciuno na cultura e linguas clásicas, formación que consolidaría no Instituto de [[Altona]] ([[1834]]-[[1838]]).
 
A vocación e a carreira de Mommsen orientáronse decisivamente ao ingresar na Universidade de [[Kiel]] para seguir a carreira xurídica en [[1838]], onde se doutora en Dereito ([[1843]]),
 
Co financiamento da Academia de [[Berlín]] conseguiu pór en marcha ([[1854]]) un xigantesco proxecto para editar todas as inscricións latinas do [[Imperio romano]] (''Corpus Inscriptionum Latinarum''). No ano da súa morte publicáronse máis de 120.000 epígrafes.
 
Mommsen desenvolveu unha longa carreira como profesor universitario, ocupando sucesivamente postos docentes, Catedrático de Dereito romano da Universidade de [[Leipzig]] en [[1848]] (aínda que perdeu a cátedra polas súas actividades políticas, apoiou aos monárquicos fronte aos republicanos, posteriormente enfrontouse cos primeiros ao protestar polas súas violentas represalias), recibiu a cátedra de Dereito romano da Universidade de [[Zúric]] en [[1852]], foi profesor de [[Filosofía]] na Universidade de [[Breslau]] en [[1854]] e catedrático de Historia antiga na Universidade de [[Berlín]] en [[1858]].
 
No ano [[1873]] foi nomeado Secretario vitalicio da [[Academia de Ciencias de Berlín]], da que era membro desde [[1858]].
 
Deputado no [[Reichstag]] desde [[1881]] e adversario de [[Otto von Bismarck]].
 
O [[1 de novembro]] de [[1903]] morría Theodor Mommsen na súa casa de Marchstrasse ([[Charlottenburg]], Berlín). Intelectuais e homes de Estado de Europa enteira expresaron o seu pesar pola morte do máis grande dos investigadores da [[Roma antiga]], do xenial coordinador de decisivos proxectos científicos, do infatigable estudioso da Antigüidade, do político comprometido coa vida pública do seu tempo.
 
As súas investigacións científicas estableceron as bases da dialectoloxía da [[Italia]] prerromana.
* ''As provincias romanas'' ([[1884]]).
{{Premio Nobel de Literatura}}
 
{{ORDENAR:Mommsen, Theodor}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Mommsen, Theodor}}
[[Categoría:Premio Nobel de Literatura]]
[[Categoría:Escritores en lingua alemá]]
381.175

edicións