Paul Samuelson: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m Arranxos varios using AWB
Liña 4:
 
== Biografía ==
Paul Anthony Samuelson naceu en [[Gary]], [[Indiana]], o [[15 de maio]] de [[1915]], no seo dunha familia xudía, aínda que non practicante. Estudou economía na [[Universidade de Chicago]] na que se graduou en [[1935]]. Doutorouse na [[Universidade Harvard]] en [[1941]] sob a supervisión de [[Joseph Schumpeter]] e [[Wassily Leontief]]. Foi profesor no [[Massachusetts Institute of Technology]] (Instituto Tecnolóxico de Massachusetts) e membro da [[Econometric Society]], da [[American Economic Association]] e da [[International Economic Association]].
 
A súa obra máis importante é ''Foundations of Economic Analysis'' (Fundamentos de Análise Económica, 1947), que se considera coma unha das obras fundamentais das ciencias económicas modernas, que desenvolve en termos matemáticos. É tamén autor dun manual de economía moi coñecido, ''Economics: An Introductory Analysis'' (Economía: unha análise introdutoria, 1948). O seu traballo ten sido cualificado como a "grande síntese neoclásica" de [[John Maynard Keynes]] e os seus antecesores.
 
Samuelso estudou tamén o dominio da [[teoría dos xogos]] e a [[programación lineal]] (''Linear Programming and Economic Analysis'', 1958, en colaboración con [[Robert Dorfman]] e [[Robert Solow]]); a [[economía do benestar]] e a análise da dinámica económica. Foi un dos un dos economistas que desenvolveu as [[curvas de indiferencia]], que permiten o estudo da [[utilidade]] marxinal. Ocupouse aínda dos problemas da economía real.
 
Foi asesor dos presidentes norteamericanos [[John Fitzgerald Kennedy]] e [[Lyndon B. Johnson|Lyndon Baynes Johnson]]. En [[1970]] recibíu o [[Premio Nobel de Economía]] ''pola análise dos procesos económicos e o desenvolvemento dinámico de modelos de decisión económica''.
Liña 31:
{{Premio Nobel de Economía}}
 
{{ORDENAR:Samuelson, Paul}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Samuelson, Paul}}
[[Categoría:Personalidades da economía dos Estados Unidos de América]]
[[Categoría:Premio Nobel de Economía]]