Owen Chamberlain: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m Arranxos varios using AWB
Liña 1:
'''Owen Chamberlain''', nado en [[San Francisco]] en [[1920]] e finado en [[Berkeley, California|Berkeley]] en [[2006]], foi un [[Física|físico]] e profesor universitario [[EUA|norteamericano]] galardoado co [[Premio Nobel de Física]] no ano [[1959]], xunto con [[Emilio Gino Segrè]], grazas ao descubrimento do [[antiprotón]], unha das [[Partícula elemental|partículas]] fundamentais.
 
== Traxectoria ==
Naceu o [[10 de xullo]] de [[1920]] na cidade de [[San Francisco]]. Chamberlain estudou física no ''Dartmouth College'' onde foi membro da fraternidade ''Theta Chi'', e tamén estudou [[física]] na [[Universidade de California]] en Berkeley. Estivo na universidade ata que empezou a [[Segunda Guerra Mundial]], uníndose ao [[Proxecto Manhattan]] no ano [[1942]], onde traballará xunto con Emilio Segrè, tanto en Berkeley como en [[Los Alamos]] ([[Novo México]]). En [[1943]] casou con Beatrice Babette Copper, con quen terá catro fillos.
 
En [[1946]], tras a guerra, Chamberlain continuou co seu doutoramento, traballando na Universidade de [[Chicago]], onde [[Enrico Fermi]] faralle de guía e mentor, animándoo a que deixe de banda a [[física teórica]], naqueles momentos máis prestixiosa, e que se entrégue á [[física experimental]], para a cal demostraba ter boas calidades. Chamberlain recibirá o seu doutoramento de investigación na Universidade de Chicago no ano [[1929]].
 
En [[1985]] diagnosticóuselle a [[enfermidade de Parkinson]] e retirouse do ensino en [[1989]]. Morreu en [[Berkeley, California|Berkeley]], [[California]], o [[28 de febreiro]] de [[2006]], por problemas relacionados coa súa enfermidade, á idade de 85 anos.
 
=== Investigacións científicas ===
En [[1948]], xa acabados os seus traballos experimentais, Chamberlain volveu a Berkeley como membro da facultade ( será profesor de física en [[1958]]), onde [[Emilio Gino Segrè]] e outros físicos estaban levando a cabo investigacións sobre o [[protón]]. No ano [[1955]] unha serie de experimentos con protóns conduceos ao descubrimento do [[antiprotón]], a antipartícula do protón, unha partícula exactamente igual ao protón, exceptuando que ten [[carga negativa]] en lugar de tela positiva. Os traballos posteriores de investigación de Chamberlain inclúen a [[cámara de proxección temporal]], e o seu traballo no acelerador liñal de Stanford ([[SLAC]], ''Stanford Linear Accelerator Center'').
 
No ano [[1959]] foi galardoado, xunto con [[Emilio Gino Segrè]], co [[Premio Nobel de Física]] ''polo descubrimento do antiprotón''.
 
Chamberlain foi politicamente activo en temas relacionados coa [[paz]] e a xustiza social, e manifestouse en contra da [[Guerra do Vietnam]]. Foi membro influente de ''Scientists for Sakharov, Orlov and Shcharansky'', tres físicos da [[Unión Soviética]] que foron encarcerados polas súas ideas políticas. Na década dos anos 1980 axudou a crear o movemento para a non proliferación de armas nucleares.
Liña 20:
* [http://physics.berkeley.edu/people/directory.php?id=376 Pequena biografia de Chamberlain] {{en}}
* [http://www.nytimes.com/2006/03/02/science/02chamberlain.html Nova da súa defunción no ''New York Times''] {{en}}
 
 
{{Premios Nobel de Física}}
 
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Chamberlain, Owenisi}}
 
[[Categoría:Físicos dos Estados Unidos de América]]
[[Categoría:Premio Nobel de Física]]