Max Born: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Zürich: topónimo empregado pola RAG
m Arranxos varios using AWB
Liña 1:
[[Ficheiro:Max Born.jpg|dereita|miniatura|200px|Max Born]]
'''Max Born''', nado en [[Wrocław]], [[Polonia]], en [[1882]] e finado en [[Göttingen]], [[Alemaña]], en [[1970]], foi un [[Matemáticas|matemático]] e [[Física|físico]] británico, de orixe alemá, galardoado co [[Premio Nobel de Física]] o ano [[1954]] pola súas investigacións en [[mecánica cuántica]].
 
== Traxectoria ==
Naceu a [[11 de decembro]] de [[1882]] na cidade de [[Wrocław]], hoxe en día sita en [[Polonia]] pero que naqueles momentos formaba parte do [[Imperio Alemán]]. estudou bacharelato ao ''König-Wilhelm-Gymnasium'' e posteriormente [[matemáticas]] e [[física]] na Universidade de Wrocław, [[Heidelberg]] e [[Zürich]], doutorándose o ano [[1906]] en Göttingen. Profesor nas universidades de [[Berlín]], Frankfurt-am-Main, Göttingen, Cambridge e Edimburgo, en [[1939]] foi admitido membro da [[Royal Society]] británica.
 
Born morreu o [[5 de xaneiro]] de [[1970]] na cidade de [[Göttingen]].
 
== Investigacións científicas ==
 
[[Ficheiro:Solvay conference 1927.jpg|dereita|miniatura|300px|Quinta [[Conferencia Solvay]] ([[1927]]). Podemos ver a Max Born o segundo da segunda fila empezando pola dereita, sentado entre [[Louis-Victor de Broglie]] e [[Niels Bohr]]]] Entre [[1915]] e [[1919]] foi profesor de física teórica na Universidade de Berlín, onde coñeceu e relacionouse con [[Albert Einstein]].
 
A partir de [[1921]] na Universidade de Göttingen iniciou as súas investigacións científicas, xunto ao seu asistente [[Werner Heisenberg]], e relacionándose tamén con [[Wolfgang Pauli]]. Ambos os dous físicos formularon a representación mecánica da matriz do [[quanto]] a partir dun primeiro borrador de Heisenberg no cal formulaba a teoría do quanto evitando as representacións concretas pero inobservables da [[órbita]] do [[electrón]] usando parámetros como a probabilidade da transición. Diante deste feito Born recoñeceu que a formulación podía ser transcrita na lingua das [[Matriz (matemáticas)|matrices]], que aprendera xunto a [[David Hilbert]].
 
En [[1933]] Born abandonou [[Alemaña]] para refuxiarse na [[Universidade de Cambridge]] pola súa orixe xudía, aínda cando el profesaba a [[luteranismo|relixión luterana]] así como pola seu [[pacifismo]]. En [[1936]] foi nomeado profesor de Filosofía Natural na Universidade de [[Edimburgo]], cargo que desenvolveu ata o [[1953]].
 
En [[1954]] volveu ao seu país e foi galardoado co [[Premio Nobel de Física]], xunto con [[Walther Bothe]], ''polas súas investigacións na mecánica cuántica, especialmente no estudo da función das ondas''. En [[1955]] foi un dos 11 científicos e intelectuais que asinaron o [[Manifesto Russell-Einstein]].
 
== Véxase tamén ==
Liña 21:
{{Commons}}
* [http://nobelprize.org/nobel_prizes/physics/laureates/1954/index.html Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Física 1954] {{En}}
 
{{ORDENAR:Born, Max}}
{{Premios Nobel de Física}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Born, Max}}
[[Categoría:Físicos de Polonia|Born, Max]]
[[Categoría:Premio Nobel de Física|Born, Max]]