Luigi Pirandello: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m Arranxos varios using AWB
Liña 18:
Naceu en Villaseta de Càvusu, chamada actualmente [[Xaos]] (en todo caso a etimoloxía de tal lugar, segundo o mesmo Pirandello, derivaría da palabra grega [[Kaos]]). No [[século XX]] Càvusu/Xaos transformouse nunha "''contrada''" ou [[suburbio]] da cidade siciliana de Agrigento, motivo polo que é frecuente que en moitos textos se dea como lugar de nacemento a cidade de Agrigento, e mesmo a cidade veciña de [[Porto Empedocle]].
 
Luigi Pirandello era fillo de Caterina Ricci-Gramitto e de Stefano Pirandello, comerciante [[Giuseppe Garibaldi|garibaldino]] de [[clase media]] pero de ascendencia ilustre, inversor na industria do [[sulfuro]]. Tanto os Pirandello como os Ricci-Gramitto eran fortemente anti[[Borbón|borbónicosborbón]]icos e participaban activamente no movemento "Il [[Risorgimento]]", destinado á unificación democrática de Italia.
Stefano chegou a participar na famosa aventura dos ''[[Os Mil|Mil]]'', seguindo a Garibaldi á [[batalla de Aspromonte]] mentres Caterina, que apenas contaba con trece anos, debeu emigrar xunto co seu pai a [[Malta]] onde fora enviado ao [[exilio]] pola [[monarquía]] borbónica reinante.
 
Liña 26:
[[Ficheiro:LuigiPirandello.JPG|miniatura|150px|Luigi Pirandello.]]
 
A súa infancia transcorreu entre Girgenti (actual [[Agrigento]], cambiado por Mussolini), e [[Porto Empedocle]] á beira do mar. Logo de ser vítimas de manobras [[fraude|fraudulentas]], a familia trasladouse a [[Palermo]] en 1880. Foi en Palermo onde rematou o liceo, enfrascouse na lectura de poesía italiana do século XIX, especialmente de escritores como [[Giosuè Carducci]] e [[Graf]], empezou a escribir os seus primeiros poemas e namorouse da súa curmá Lina. Durante este período comenzan os primeiros signos do serio contraste que o separaría do seu pai, cando Luigi encontrou certa correspondencia que insinuaba a existencia dunha relación extramarital por parte de Stefano. Pirandello comezou a achegarse emocionalmente á súa nai, relación que se transformaría nunha verdadeira veneración que tería o seu punto cume, tras a morte de Caterina, nas profundas páxinas da novela ''Colloqui con i personaggi'' de 1915.
 
O seu amor por súa curmá, inicialmente visto con desagrado, foi de pronto tomado con gran seriedade pola familia de Lina, que demandou que Luigi abandonara os seus estudos para dedicarse de cheo á administración das inversións familiares no negocio do [[xofre]], co fin de que puideran casar prontamente. En 1886, durante unhas vacacións, Luigi visitou as minas de xofre de [[Porto Empedocle]] e comezou a traballar co seu pai: esta experiencia resultou esencial para a súa obra, e as súas impresións reflectiríanse en relatos como ''Il Fumo'' e ''Ciàula scopre la Luna''.
Liña 32:
O casamento, que parecía inminente, foi posposto e Pirandello inscribiuse na [[Universidade de Palermo]] nos departamentos de Leis e Letras. No campus da universidade cultivou amizade de mozos [[ideoloxía|ideólogos]] como [[Enrico La Loggia]], [[Giusseppe De Felice Giuffrida]] e [[Francesco De Luca]].
 
De alí pasou en 1887 á Universidade de Roma, onde protagonizou un serio incidente cun profesor, feito polo que se viu obrigado a abandonar a Casa de Estudos. Trasladouse a [[Bonn]], onde se doutorou o 21 de marzo de 1891 cunha tese en [[Alemaña|alemán]] que versa sobre a [[lingua siciliana]]. Pouco despois, regresou a Italia.
 
O 27 de xaneiro de 1894 en Girgenti contrae matrimonio con María Antonietta Portulano.
Liña 85:
{{Premio Nobel de Literatura}}
 
{{ORDENAR:Pirandello, Luigi}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Pirandello, Luigi}}
[[Categoría:Escritores de Italia]]
[[Categoría:Escritores en lingua italiana]]