Diferenzas entre revisións de «Frédéric Mistral»

m
Arranxos varios using AWB
(actualizo imaxe)
m (Arranxos varios using AWB)
 
== Traxectoria ==
Foi fillo dunha familia acomodada (François Mistral e Adélaide Poulinet), polos cales emparentaba coas máis antigas familias de Provenza: Cruvelier, Expilly, Roux ou ''Ruffo di Calabria'', moi estreitamente vinculadas entre elas mesmas; marqueses de Aurel. Non foi á escola ata os nove anos de idade.
 
Logo de acabar o bacharelato en [[Nîmes]], estuda Dereito en [[Aix-en-Provence]] entre [[1848]] e [[1851]], facéndose entón o cantor da independencia da Provenza e ante todo do [[provenzal]] «pimeira lingua literaria da Europa civilizada». No transcurso dos estudos de Dereito contacta coa historia do seu país, antigo Estado independente. Emancipado polo seu pai, toma daquela o acordo: «de erguer, de reavivar en Provenza o sentimento de raza (...); de promover este renacemento a prol da restauración da lingua natural e histórica do país (...); de pór de moda o provenzal polo alento e o lume da divina poesía». Para Mistral, a palabra ''raza'' designa un «pobo unido pola lingua, enraizado nun país e nunha historia».
 
== Félibrige ==
De volta a Maillane, Mistral alíase co poeta Roumanille, co cal organiza o renacemento da lingua provenzal. Fundan entón con outros cinco poetas provenzais o [[Félibrige]], que permitiría con forza promover a lingua de Oc. Posto baixo o patrocinio de [[santa Estela]], o movemento acollerá a poetas [[Cataluña|cataláns]] expulsados de [[España]] por [[Isabel II de España|Isabel II]].
 
Os sete "primadié", fundadores do ''félibrige'' foran: Jóusè Roumaniho, Frederi Mistral, Teoudor Aubanèl, Ansèume Matiéu, Jouan Brunet, Adòufe Tavan e Pau Giera.
O Felibrige é aínda hoxe unha das principais organizacións culturais en [[Occitania|País de Oc]]. Tamén é das poucas presentes nos 36 [[departamentos]] de lingua occitana.
 
Coa súa obra, Mistral rehabilita a lingua provenzal conducíndoa ás máis elevadas cimas da poesía épica : a calidade da obra será consagrada con diversas distincións. Botase nun traballo de monxe para facer un dicionario e como [[trobador]], escribe textos de cancións.
 
== Lexicografía : ''Lou Tresor dóu Felibrige'' ==
 
== Mirèio ==
A súa obra mestra é ''Mirèio'' (Mireille en francés), publicada en [[1859]] despois de oito anos de esforzo creador. ''Mirèio'' conta os amores de Vincent et Mireille, unha fermosa provenzal. O poema inspirará a [[Charles Gounod]] unha ópera en [[1863]]. Mistral acha aquí a ocasión de propor a súa lingua, mais tamén de facer participar na cultura dun país ao falar especialmente de [[Saintes Maries de la Mer]].
 
== Obras ==
{{Wikisource}}
{{Premio Nobel de Literatura}}
 
{{ORDENAR:Mistral, Frederic}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Mistral, Frederic}}
[[Categoría:Escritores en lingua occitana]]
[[Categoría:Escritores de Francia]]
386.600

edicións