Abrir o menú principal

Cambios

m
Arranxos varios using AWB
}}
 
'''François Mauriac''', nado o 11 de outubro de [[1885]] en [[Bordeos]] e finado o [[1 de setembro]] de [[1970]] en [[París]], foi un escritor [[Francia|francés]] gañador do Premio Nobel de Literatura.
 
== Biografía ==
Naceu no seo dunha familia profundamente católica. Sendo novo quedou baixo a custodia da súa nai debido ao falecemento do seu pai. Estudou bacharelato en [[Cauderan]] cos [[Marianismo|marianistas]] e logo licenciouse en Letras pola [[Universidade de Bordeos]].
 
No ano [[1906]] trasládase a [[París]], onde escribe o seu primeiro libro de versos ''Les mains jointes'', cinco anos máis tarde escribiu a súa primeira novela ''O neno cargado de cadeas''.
 
Participou como soldado durante a [[I Guerra Mundial]], onde enfermou gravemente. En 1933 foi nomeado membro da [[Academia Francesa]]. Durante a [[Guerra civil española]], simpatizou co bando republicano e despois ao estalar a [[II Guerra Mundial]] formou parte da [[Resistencia Francesa]] contra a invasión [[nazismo|nazi]]. Editou as revistas ''Les Lettres Francaises'' e ''Le Cahier Noir'', nas que denunciaba e criticaba as torturas e asasinatos cometidos contra os patriotas franceses.
 
Ao finalizar a guerra realizou unha segunda incursión no teatro, pero do mesmo xeito que ocorreu coa primeira ''Asmodée'' (1938), non tivo o mesmo éxito que as súas novelas. Colaborou co xornal conservador ''Le Figaro'', para pasar máis tarde ao recentemente creado ''L'Expres''. O seu apoio nas súas páxinas ao xeneral [[Charles de Gaulle]] fíxolle pórse a mal cos seus compañeiros polo que volveu a ''Le Figaro''. Anos máis tarde debido ao seu defensa da causa alxeriana, recibiu ameazas da organización terrorista de extrema dereita [[Organisation de l'Armée Secrète|OAS]].
 
En 1952 recibiu o [[Premio Nobel de Literatura]].
 
{{Premio Nobel de Literatura}}
 
{{ORDENAR:Mauriac,François}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Mauriac,François}}
[[Categoría:Premio Nobel de Literatura|Mauriac, François]]
[[Categoría:Escritores en lingua francesa|Mauriac, François]]
380.827

edicións