Czesław Miłosz: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m Arranxos varios using AWB
Liña 16:
'''Czesław Miłosz''', nado en [[Steiniai]] ([[Lituania]]) o [[30 de xuño]] de [[1911]] e falecido en [[Cracovia]] o [[14 de agosto]] de [[2004]], foi un [[escritor]] [[Polonia|polaco]]. [[Premio Nobel de Literatura]] en [[1980]]. A súa familia era orixinaría de [[Lituania]], aínda que de lingua, tradición e cultura polaca. Durante toda a súa vida mantívose moi unido ao que consideraba o seu territorio histórico: o [[Gran Ducado de Lituania]].
== Traxectoria ==
Fillo dun enxeñeiro civil, cursou os seus estudos superiores de [[dereito]] en [[Vilna]]. Membro do grupo literario [[Żagary]], debutou como escritor en [[1930]], publicando nesa década dous volumes de [[poesía]]: "Tres invernos" e "Poema sobre o tempo conxelado" polo que conseguiu unha bolsa para [[París]] onde trabou relación co que sería unha das súas maiores influencias literarias e filosóficas: o seu familiar e poeta francés de orixe lituana [[Oscar Venceslas de Lubicz-Milosz]]. Traballou na Radio [[Polonia|polaca]]. Durante a [[II Guerra Mundial]] e residiu en [[Varsovia]], onde prestou apoio aos perseguidos polo réxime [[nazi]].
 
Traballo no servizo diplomático da "Polonia Popular" desde [[1945]] ata [[1951]], cando se exiliou e fixou a súa residencia en [[Francia]]. A súa evolución ideolóxica e posterior rexeitamento do réxime comunista polaco plasmouna na colección de ensaios "O pensamento cativo". En [[1953]] recibiu o [[Prix Lettéraire Européen]] pola súa novela "O poder cambia de mans".
 
En [[1960]] trasladouse a [[Berkeley, California|Berkeley]], [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], invitado pola [[Universidade de California]] e foi alí desde [[1961]], profesor de Linguas e Literatura [[eslavo|Eslavas]].
 
Recibiu o título de [[Doutor Honoris Causa]] en Letras pola [[Universidade de Michigan]] en [[1977]] e o [[Premio Nobel de Literatura]] en [[1980]], "''pola súa voz inflexible nun mundo de conflitos severos''".
 
Posteriormente coa caída do [[Pano de aceiro]] puido retornar ao seu país, onde se estableceu definitivamente os últimos anos da súa vida. Morreu o [[14 de agosto]] de [[2004]] na súa residencia de [[Cracovia]].
 
== Obra seleccionada ==
Liña 83:
{{Premio Nobel de Literatura}}
 
{{ORDENAR:Milosz, Czeslaw}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Milosz, Czeslaw}}
[[Categoría:Escritores de Polonia]]
[[Categoría:Escritores en lingua polaca|Milosz Czeslaw]]