Charles Louis Alphonse Laveran: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m Arranxos varios using AWB
Liña 26:
Estudou na Escola Militar de Medicina de [[Estrasburgo]] e serviu como cirurxián do exército na [[Guerra Franco-Prusiana]]. En [[1878]] foi enviado a [[Alxeria]] como membro da Escola Militar de Medicina de Val-de-Grâce, onde se dedicou a estudar o [[paludismo]]. Froito destes estudos foi o descubrimento do [[Plasmodium|plasmodio]], parasito produtor da enfermidade, aínda que non conseguiu determinar o mecanismo de transmisión da [[malaria]], que sería descuberto por [[Ronald Ross]] uns anos máis tarde.
 
O [[6 de novembro]] de [[1880]] observou por primeira vez no [[microscopio]] -nun preparado de sangue dun enfermo de paludismo-, corpúsculos móbiles, que debuxou e describiu de maneira detallada. "Trátase de células pigmentadas, redondas ou curvadas en forma de media lúa, que se moven como amebas".
 
En [[1894]] pasou a prestar servizos no [[Instituto Pasteur]] de París, que chegou a dirixir máis tarde. En [[1907]] fundou o Laboratorio de Enfermidades Tropicais do mesmo Instituto.
 
Recibiu o [[Premio Nobel de Medicina]] en [[1907]] «en recoñecemento do seu traballo relativo ó papel desempeñado polos [[protozoos]] na orixe das [[enfermidade]]s».
Liña 40:
{{Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina}}
 
{{ORDENAR:Laveran, Charles Louis Alphonse }}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Laveran, Charles Louis Alphonse }}
[[Categoría:Premio Nobel de Medicina]]
[[Categoría:Médicos de Francia]]