Arno Allan Penzias: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m Arranxos varios using AWB
Liña 2:
'''Arno Allan Penzias''', nado en [[Múnic]], [[Alemaña]], o [[26 de abril]] de[[1933]], é un [[astrónomo]] e [[Física|físico]] norteamericano, de orixe alemá, galardoado co [[Premio Nobel de Física]] do ano [[1978]].
== Traxectoria ==
Aos seis anos abandonou Alemaña mediante o [[Kindertransport]], transporte establecido polo [[Reino Unido]] para evacuar os nenos [[xudeu]]s durante o [[nazismo|réxime nazi]]. Á chegada dos seus pais abandonou o Reino Unido e estableceuse coa súa familia en [[Nova York]] en [[1940]].
 
No ano [[1946]] conseguíu a cidadanía norteamericana, estudou [[física]] na [[Universidade de Columbia]] e en [[1962]] doutorouse nesta mesma universidade.
== Investigacións científicas ==
Iniciou a súa investigación científica nos [[Laboratorios Bell]] de [[Nova Jersey]], xunto a [[Robert Woodrow Wilson]], realizando melloras de funcionamento sobre as [[antena]]s convencionais. En [[1964]] de forma accidental atoparon unha fonte de ruído na [[atmosfera terrestre|atmosfera]] que non podían explicar. Tras afinar a recepción da antena, o ruído foi finalmente identificado como unha [[radiación de fondo de microondas|radiación cósmica de fondo de microondas]] ou [[CMB]]. Este achado foi unha confirmación inicial da [[Big Bang|Teoría do Big Bang]] exposta por [[George Gamow]].
 
En [[1978]] foi galardoado co [[Premio Nobel de Física]], xunto con [[Robert Woodrow Wilson]], ''polo seu descubrimento da Radiación cósmica de fondo''. O premio foi compartido con [[Pyotr Kapitsa]], aínda cando este por un traballo diferente.