Darius Milhaud: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
Xoacas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 18:
|signatura =
}}
 
'''Darius Milhaud''', nado o [[4 de setembro]] de [[1892]] en [[Marsella]] ([[Francia]]) e finado o [[22 de xuño]] de [[1974]] en [[Xenebra, Suíza|Xenebra]] ([[Suíza]]), foi un [[compositor]] francés membro do grupo chamado ''[[Les Six]]''. A súa produción musical caracterízase polo uso da politonalidade e os patróns rítmicos derivados do [[jazz]].
 
Liña 23 ⟶ 24:
Milhaud naceu en [[Marsella]] fillo de pais [[xudaísmo|xudeus]] de [[Aix-en-Provence]], aos sete anos comezou a estudar [[violín]] con [[Leo Bruguier]], quen o incorporou ao seu cuarteto de corda. En [[1909]] ingresou no [[Conservatorio de París]], onde coñeceu a [[Arthur Honegger]] e [[Germaine Tailleferre]], que formarían parte tamén de ''[[Les Six]]''. Estudou composición con [[Charles-Marie Widor]] e [[harmonía (música)|harmonía]] e [[contrapunto]] con [[André Gedalge]], ademais de recibir clases a nivel particular de [[Vincent d'Indy]].
 
En [[1910]] escribiu unha [[ópera cómica]] baseada nun libreto de [[Francis Jammes]] titulado ''Brebis égarée'' (ovella descarriada). Máis adiante viuse atraídoatraido pola [[música de cámara]]. A súa ''1ª Sonata'' para violín e piano data de [[1911]] e o seu primeiro ''Cuarteto de corda'' de [[1912]]. Coñeceu ao poeta [[Paul Claudel]], do que musicou algún dos seus poemas.
 
En [[1916]] viaxou a [[Brasil]] como secretario de Paul Claudel, que daquela era embaixador. Nesta viaxe Milhaud escribiu as ''Saudades du Brazil'', a suite para [[saxofón]], ''[[Scaramouche (Darius Milhaud)|Scaramouche]]'', co seu destacado terceiro movemento ''Brasileira'', ''Le Bœuf sur le toit'', e o poema [[coreografía|coreográfico]] ''L’Homme et son desir''. En [[1918]] regresou a [[Francia]] e entablou amizade con [[Eric Satie]] e cos músicos do ''[[Les Six|Grupo dos Seis]]''.
 
Durante os seguintes anos, a actividade creadora de Milhaud foi incesante: cantatas, concertos, cancións, obras corais, entroutrasentre outras se sucederon de xeito moi rápido. En [[1925]] casou coa súa prima [[Madeleine Milhaud|Madeleine]], que a partir de [[1937]] foi a súa colaboradora en varias obras. Fixo numerosas viaxes e ofreceu concertos en tódolos países de [[Europa]].
 
En [[1940]] trasladouse aos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] ao recibir o encargo dunha sinfonía para a [[Chicago Symphony Orchestra]]. No país [[Norteamérica|norteamerican]] permaneceu ata [[1947]] e trabaloutraballou como profesor de composición no Mills College de [[Oakland, California|Oakland]], [[California]], onde tivo como alumnos, entroutrosentre outros, ao músico de jazz [[Dave Brubeck]]. Abandonou este posto en 1947 para traballar como profesor honorario de composición no Conservatorio de París, posto que desempeñou ata [[1971]] e onde tivo como discípulos a [[Iannis Xenakis]] e a [[Karlheinz Stockhausen]].
 
En [[1952]] viaxou a [[Israel]], onde escribiu parte da súa ópera ''David''.
 
Milhaud (ao igual que os seus contemporáneos [[Paul Hindemith]], [[Gian Francesco Malipiero]], [[Bohuslav Martinů]] e [[Heitor Villa-Lobos]]) foi un creador extemádamenteextremadamente rápido, en [[1965]] o seu catálogo estaba integrado por 409 obras, pequenas e grandes, escritas para tódolos xéneros musicais. De entre todas elas destacan os [[ballet]]s ''Le bœuf sur le toit'' ([[1920]]) e ''La Création du Monde'' (estreado porlos [[Ballets suédois]] en [[1923]]), a ópera ''Christophe Colomb'' ([[1930]]) e a peza orquestral ''Suite provençale'' ([[1937]]).
 
Morreu en [[Xenebra, Suíza|Xenebra]] o [[22 de xuño]] de [[1974]] aos 81 anos.
Liña 39 ⟶ 40:
== Véxase tamén ==
{{commonscat}}
 
{{Control de autoridades}}
{{ORDENAR:Milhaud, Darius}}
 
[[Categoría:Compositores de Francia|Milhaud, Darius]]
[[Categoría:Nados en Marsella]]
[[Categoría:Nados en 1892]]