Arcanxo Gabriel: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Nachonion (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 9:
 
[[Ficheiro:Giotto - Scrovegni - -14- - The Angel Gabriel Sent by God.jpg|220px|esquerda|thumb|Anxo '''Gabriel''', por [[Giotto di Bondone]]]]
Cítase varias veces na [[Biblia]]; foi el que anunciou ao [[profeta]] [[Daniel (profeta)|Daniel]] a sucesión de potencias mundiais, ben como a vinda do [[Mesías]]. Dixo o profeta: {{Biblia|Daniel|9|:24|:26|citación = Apareceu Gabriel da parte de Deus e me falou: dentro de setenta semanas aparecerá o Santo dos Santos.}}
 
Ao anxo Gabriel confióuselle a misión máis importante que xamais fora confiada a alguén: anunciar o nacemento do Fillo de [[Deus]]. Por iso, é moi admirado desde a [[Idade Antiga|antigüidade]]. O xeito de presentación cando se apareceu a [[Zacarias (Biblia)|Zacarias]] para lle anunciar que ia ter por fillo a [[Xoán o Bautista]] foi este: "Eu son Gabriel, o que está na presenza de Deus." ({{Biblia|libro= Lucas|capítulo=1|verso=:19}})
 
[[Lucas o Evanxelista]] dixo: "Foi enviado por Deus o [[Anxo (cristianismo)|anxo]] Gabriel a unha cidade da [[Galilea]], a unha virxe chamada [[María, nai de Xesús|María]], e chegando xunto a ela, díxolle: 'Salve María, chea de graza, o Señor está contigo'. Ela ficou confusa, mais díxolle o anxo: 'Non teñas medo, María, porque estades na graza do Señor. Concibirás un fillo a quen porás o nome de [[Xesús Cristo|Xesús]]. El será fillo do Altísimo e o seu Reino non terá fin'". ({{Biblia|libro=Lucas|capítulo=1|verso=:26-38}})
 
Segundo a tradición, os arcanxos son os mensaxeiros (en grego "archangélos") de Deus das Boas Novas, axúdannos a dar bo rumbo e dirección á nosa vida, dannos comprensión e sabedoría. É a el que recorren os que precisan deses dons.