Especie tipo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 13:
A especie tipo é á vez un concepto e un sistema práctico usado na clasificación e nomenclatura dos animais. O valor dunha "especie tipo" débese a que "ancora" un determinado nome de xénero. Sempre que un taxon contén moitas especies e debe dividirse en máis dun xénero; a especie tipo asigna o nome do taxon orixinal a un dos novos taxons resultantes, que é aquel que inclúe a especie tipo.
 
O termo "especie tipo" está regulado na nomenclatura zoolóxica polo artigo 42.3 do ''[[Código Internacional de Nomenclatura Zoolóxica]]'', que define unha especie tipo como un "[[tipo que porta uno nome]]" do nome dun xénero ou subxénero (un "[[nome do grupo xénero]]"). No Glosario, a especie tipo defínese como:
 
:"A especie nominal que é a especie que porta o nome dun xénero ou subxénero nominal".<ref>[http://www.nhm.ac.uk/hosted-sites/iczn/code/index.jsp?booksection=glossary ICZN Code Glossary]</ref>
 
A especie tipo asocia permanentemente a un xénero o seu nome formal (o seu nome xenérico) ao proporcionar só unha especie dese xénero á cal o xénero está permanentemente ligado (é dicir, o xénero debe incluír esa especie se é esta a que levaporta o nome). O nome da especie á súa vez está fixado, en teoría, a un espécime tipo.
 
Por exemplo, a especie tipo dos caracois terrestres do xénero ''[[Monacha]]'' é ''[[Monacha cartusiana]]''. Ese xénero está actualmente situado na [[familia (bioloxía)|familia]] [[Hygromiidae]]. O xénero tipo para esa familia é o xénero ''[[Hygromia]]''.