Reino Unido: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 61:
* En [[gaélico escocés]]: Rìoghachd Aonaichte na Breatainne Mòire is Èireann a Tuath.
* En [[lingua galesa|galés]]: Teyrnas Unedig Prydain Fawr a Gogledd Iwerddon.
* En [[Lingua irlandesa|irlandés]]: Ríocht Aontaithe na Breataine Móire agus Thuaisceart Éireann.</ref> ou simplemente '''Reino Unido''' (incorrectamente chamado [[Gran Bretaña]] ou [[Inglaterra]]) é un [[país]] e un [[Estado|estado soberano]] situado ao noroeste da [[Europa|Europa Continental]]. O seu territorio, con capital en [[Londres]], está formado xeograficamente pola illa de [[Gran Bretaña]], o nordés da [[illa de Irlanda]] e pequenas illas adxacentes. [[Irlanda do Norte]] é a única parte do Reino cunha fronteira terrestre, que a separa da [[Irlanda|República de Irlanda]]. AparteÁ parte desta fronteira, o Reino Unido está rodeado ao norte e ao oeste polo [[océano Atlántico]], ao leste polo [[Mar do Norte]], ao sur polo [[Canle da Mancha]] e ao oeste polo [[mar de Irlanda]]. A illa máis grande, Gran Bretaña, está unida a [[Francia]] polo [[Eurotúnel]].
 
O Reino Unido é unha [[monarquía parlamentaria]] comprendida por catro [[países constituíntes]]; [[Escocia]], [[Inglaterra]], [[Irlanda do Norte]] e [[Gales]]; que teñen como [[xefe de Estado]] á [[Sabela II do Reino Unido|raíña Sabela II]]. As [[Dependencia da Coroa británica|Dependencias da Coroa]] das [[Illas da Canle]] e a [[Illa de Man]] non forman parte do Reino Unido, pero si forman unha federación con el. O Reino Unido ten catorce [[Territorio Británico de Ultramar|Territorios de Ultramar]], todos eles vestixios do que foi o [[Imperio Británico]], que na súa cúspide territorial chegou a abranguer preto dun cuarto da superficie terrestre do planeta. É un país desenvolvido e polo volume neto do seu [[produto interno bruto]] é considerado como a quinta economía a nivel mundial.