Diferenzas entre revisións de «Filoxenia»

sen resumo de edición
m (Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética)
[[Ficheiro:Haeckel arbol bn.png||miniatura|dereita|250px|[[Árbore filoxenética]] dos organismos, segúnsegundo [[Ernst Haeckel]] (1866)]]
A '''filoxenia''' (do [[Lingua grega|grego]]: ''phylon'' = tribo, raza, e ''genetikos'' = relativo á xénese = orixe) é o termo comunmente utilizado para hipóteses de relacións [[Evolución|evolutivas]] (ou sexa, relacións filoxenéticas) dun grupo de [[ser vivo|organismos]], isto é, para determinar as relacións ancestrais entre especies coñecidas (as que viven e as extintas).
 
== Características ==
A Sistemática Filoxenética, proposta por [[Willi Hennig]], é o estudo filoxenético deses grupos, xeralmente coa finalidade de testar a validez de grupos e a súa taxonomía. De acordo con esta abordaxe, somentesoamente se aceptan como naturais os grupos probadamente [[monofilético]]s. A Sistemática Filoxenética é unha base sobre a cal diversos métodos foron desenvolvidos, dos cales o dominante actualmente é a [[Cladística]].
 
Comunmente os métodos usados para deducir filoxéneses inclúen parsimonia e máxima verosimilitude. Métodos baseados na distancia constrúen árbores baseadas na semellanza global que é asumida frecuentemente e que aproxima relacións filoxenéticas. Todos os métodos, con excepción da parsimonia, dependen dun [[modelo matemático]] implícito ou explícito que describe a evolución dos caracteres observados nas especies analizadas, e é normalmente usado para a [[filoxenia molecular]] onde os [[nucleótido]]s aliñados son considerados caracteres.
190.249

edicións