Mitoloxía nórdica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
A '''mitoloxía nórdica''' (ou '''mitoloxía escandinava''' ou '''mitoloxía viquinga''') refírese á [[paganismo nórdico|relixión escandinava]], ás crenzas e lendas precristiás dos nórdicos, incluíndo os que se asentaron en [[Islandia]], onde as fontes escritas da mitoloxía nórdica foron compiladas. É a versión máis coñecida da [[mitoloxía xermánica]] antiga.
 
A mitoloxía nórdica era unha colección de crenzas e historias compartidas polos [[pobos xermanos]] setentrionais. É importante sinalar que esta mitoloxía non era compartida polos pobos nórdicos de etnia urálica ([[Mitoloxía finesa|fineses]], [[Estonia|estonianos]] e lapóns[[Pobo saami|saamis]]) nin báltica (letóns), que tiñan unha propia. Non era unha relixión revelada, pois non había unha verdade entregada polos divinos ós mortais (a pesar que teñen relatos de persoas normais aprendendo as historias dos deuses), e non tiñan un [[libro sagrado]]. Esta mitoloxía era transmitida oralmente en forma dunha longa e regular poesía. Devandita transmisión continuou durante a era viquinga, e noso coñecemento sobre ela está baseado principalmente nas [[Edda]]s e outros textos medievais escritos durante ou despois da cristianización.
 
No folclore escandinavo conserváronse restos da antiga mitoloxía e nalgunhas áreas rurais conserváronse algunhas tradicións ata o día de hoxe. As [[paganismo nórdico|crenzas nórdicas]] foron revividas e reconstruídas polo movemento [[Ásatrú]], recoñecida como relixión en Islandia en [[1973]], tamén está recoñecida en [[Dinamarca]] e [[Noruega]]. A mitoloxía tamén permaneceu como inspiración na [[literatura]] así como en producións escénicas ou filmes.