Pelicano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
son con maiúscula como sustantivos AGORA segundo o DRAG
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 224:
Os pelicanos foron perseguidos polos humanos porque se consideraba que competían polos recursos pesqueiros, a pesar do feito de que a súa dieta se solapa pouco co conxunto de especies de peixes pescadas polos humanos.<ref name=Keith05/> En 1880 empezou a perseguirse os pelicanos brancos americanos (''P. erythrorhynchos''), que se mataba a pancadas ou a tiros, e os seus ovos e crías eran destruídos a mantenta, e ademais os seus lugares de alimentación e aniño foron degradados polos plans de uso das augas e a drenaxe das zonas húmidas.<ref name=Keith05/> Mesmo no século XXI, un incremento na poboación destes pelicanos en [[Idaho]] era vista como unha ameaza para a pesca recreativa de [[troita]]s ''[[Oncorhynchus clarkii]]'', o que levou a intentos das autoridades de reducir o número de pelicanos por medio do acoso sistemático e matanzas selectivas.<ref>{{Cita libro |title=Management of American White Pelicans in Idaho. A Five-year Plan (2009–2013) to Balance American White Pelican and Native Cutthroat Trout Conservation Needs and Manage Impacts to Recreational Fisheries in Southeast Idaho |autor=Wackenhut, M. |date=17 de agosto de 2009 |editorial=Idaho Fish & Game|url=http://coopunit.forestry.uga.edu/Idaho_SDM_Nov09/background/IDFG.pdf |data-acceso=21 de xullo de 2012}}</ref>
 
Os ''P. onocrotalus'' da illa Dyer en Suráfrica, foron matados durante o século XIX porque se pensaba que a súa predación nos ovos e polos das aves mariñas que producían o valioso [[guano]] podían ameazar as fontes de ingresos dos recolledores de guano.<ref name=esr/> Máis recentemente, dita predación nas colonias de aves mariñas surafricanas causou un impacto na conservación de poboacións de aves mariñas ameazadas, especialmente dos corvos mariños das especies ''[[Microcarbo coronatus]]'', ''Phalacrocorax capensis'' e ''Phalacrocorax neglectus''. Isto fixo que se suxerise que o número de pelicanos debería ser controlado en colonias vulnerables.<ref name=esr/>
 
Ademais da destrución do hábitat e a persecución deliberada, os pelicanos son vulnerables ás perturbacións nas súas colonias de aniño orixinadas por observadores das aves, fotógrafos e outros visitantes curiosos. A soa presenza humana pode causar que as aves accidentalmente movan de sitio ou rompan os seus ovos, ou deixen as crías acabadas de saír do ovo expostas aos predadores ou a tempo climatolóxico adverso, ou mesmo abandonen as súas colonias por completo.<ref>{{cita web |url=http://ec.europa.eu/environment/life/project/Projects/index.cfm?fuseaction=home.showFile&rep=file&fil=CodeofPractice.pdf |title= Code Of Practice for the Protection of the Dalmatian Pelican: |data-acceso=3 de agosto de 2012 |work=Information leaflet |editorial=Life Natura Program}}</ref><ref>{{cita web |url=http://minnesota.publicradio.org/collections/special/columns/statewide/archive/2012/05/loving-em-to-death.shtml|title=Loving 'em to death |data-acceso=3 de agosto de 2012 |work=Minnesota Today |nome=Dan |apelidos=Gunderson |editorial=Minnesota Public Radio |date=16 May 2012 }}</ref><ref name="cfgc07">{{Cita libro |title= Status Review of California Brown Pelican |autor=Burkett, Esther; Logsdon, Randi J.; Fien, Kristi M. |year=2007 |series=California Fish and Game Commission Reports |editorial= U.S. Environmental Protection Agency, Office of Planning and Evaluation|url=http://www.dfg.ca.gov/wildlife/nongame/publications/docs/BRPEStatusReviewJan0308.pdf}}</ref>