Lingua bretoa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
corrixo lingua
Liña 30:
[[Ficheiro:Britonia6hcentury.png|miniatura|Migracións dos falantes de [[linguas britónicas]] arredor do século VI.]]
 
O bretón é falado enna Bretaña, especialmente ao oeste dunha liña entre [[Plouha]] e [[La Roche-Bernard]] (ó leste de [[Vannes]]). Provén da lingua falada pola comunidade britona que habitou entre [[Gran Bretaña]] e [[Armórica]], e que chegou incluso a [[Galicia]]. A lingua foi falada polas clases altas até o século XII. Porén, comezou a decaer e acabou sendo só a lingua das clases baixas da Bretaña occidental, cando a [[nobreza]] e a [[burguesía]] adoptaron o [[lingua francesa|francés]]. Como lingua da escrita empregouse o [[lingua latina|latín]] até o [[século XV]], cando se pasou ao francés. Aínda así, hai unha pequena tradición de [[literatura bretoa]], e algo do vocabulario do [[bretón antigo]] pervive hoxe como termos científicos e filosóficos en bretón moderno.
 
A monarquía francesa non adoptou ningunha postura cara as [[lingua minoritaria|linguas minoritarias]] de [[linguas de Francia|Francia]] que falaban as clases baixas, aínda que esixía o uso do francés para os asuntos gobernamentais. Co [[revolución francesa|período revolucionario]] chegou a introdución de políticas que favoreceron o francés por enriba das linguas rexionais, chamadas pexorativamente ''[[patois]]''. Os revolucionarios asumiron que os [[reaccionario]]s e os [[monarquía|monárquicos]] preferían que a poboación falase as linguas rexionais para que as masas de campesiños estivesen desinformados. En 1794 [[Barère]] enviou ao ''[[Comité de salut public]]'' o seu "informe sobre as linguas", no cal dicía que "o federalismo e a superstición falan bretón". Baixo a [[Terceira República Francesa|Terceira]], [[Cuarta República Francesa|Cuarta]] e [[Quinta República Francesa|Quinta repúblicas]], até finais da década de 1960, as prácticas humillantes eran comúns nas escolas, tentando erradicar a lingua e cultura bretoas.<ref>[http://www.breizh.net/icdbl/saozg/endangered.htm#Image%20No.%202:%20Breton%20is%20a%20hindrance%20to%20good%20citizenship Información do ICBL sobre o bretón] en breizh.net</ref>