Antón e os inocentes: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
XoseBot (conversa | contribucións)
m Bot: Cambiada Category:Obras literarias
Sen resumo de edición
Liña 1:
'''Antón e os inocentes''' é unha novela de [[Xosé Luís Méndez Ferrín]] escrita en [[1970]] e publicada en [[1976]] por [[Edicións Xistral]] co título de '''Antón e os iñocentes'''. Finalista do Premio de Novela de Galaxia de 1975 e do Premio da Crítica española, fora acollida con frialdade por certos críticos galegos, que a consideraron no seu día das menos brillantes producións do autor ourensán.
 
O tempo confirmou que se trata dun dos textos emblemáticos de Méndez Ferrín, segundo o propio candidato a Nobel, enlazado coa moi posterior ''No ventre do silencio'' cara a unha presumible triloxía narrativa sobre a posguerra. A elaborada estrutura de ''Antón e os inocentes'' entretece ambientacións e feitos históricos (os anos cincuenta en Vigo, a [[batalla de Dien- Bien- Phu]] no [[Vietnam]]) co percorrido vital dunhas personaxes que aboian entre a realidade opresora e o éxodo onírico.
 
A segunda edición saíu do prelo en 1986 na editorial [[Sotelo Blanco]].