Diferenzas entre revisións de «Amy Winehouse»

sen resumo de edición
Recibiu a atención dos medios de comunicación por causas alleas ó seu talento musical, fixándose na súa polémica vida persoal. O seu estilo distintivo, as [[tatuaxe]]s e o peiteado [[beehive]], os seus problemas xurídicos constantes, dependencia das [[Droga#Drogas de uso recreacional ou drogas de abuso|drogas]] e máis do [[Alcoholismo|alcohol]] e as complicacións médicas polo seu comportamento autodestrutivo foron fonte de titulares dende o 2007.
 
Winehouse morreu por [[intoxicación etílica]] o 23 de xullo de 2011 á idade de 27 anos, revelándose o motivo meses despois da súa morte, que nun principio fora asociada ás súas múltiples adiccións<ref>{{cita web |autor=Duke, Alan |url=http://edition.cnn.com/2011/SHOWBIZ/celebrity.news.gossip/07/23/amy.winehouse.dies/ |título=Singer Amy Winehouse found dead |data=24-7-2011 |páxina-web=CNN |dataacceso=31-3-2016 |lingua=inglés}}</ref>. O seu álbum ''Back to Black'' converteuse, postumamente e durante un tempo, no álbum máis vendido do Reino Unido no século XXI<ref name="cúspide">{{cita web |url=http://www.bbc.co.uk/news/entertainment-arts-14660787 |título= Amy Winehouse's Back to Black sets chart record |data=25-8-2011 |páxina-web=[[BBC|BBC News Online]] |dataacceso=6-10-2015 |lingua=inglés}}</ref>. No 2012, Amy Winehouse colocouse no posto 26 na lista das "100 mellores mulleres da música" elaborada pola [[VH1]]<ref name="VH1 100">{{cita web |autor=Graham, Mark |urlarquivo= https://web.archive.org/web/20131029221757/http://VH1.com/music/tuner/2012-02-13/100-greatest-women-in-music/76 |título= VH1's 100 Greatest Women In Music |dataarquivo=29-10-2013 |url=http://VH1.com/music/tuner/2012-02-13/100-greatest-women-in-music/76 |data=13-2-2012 |páxina-web=[[VH1]] |dataacceso=6-10-2015 |lingua=inglés}}</ref>. A [[BBC]] denominouna como "o talento vocal preeminente da súa xeración"<ref>{{cita web |url= http://www.bbc.co.uk/news/entertainment-arts-14660787 |título= Amy Winehouse's Back to Black sets chart record |data=25-8-2011 |páxina-web=BBC News Online |dataacceso=6-10-2015 |lingua=inglés}}</ref>.
 
== Traxectoria ==