Diferenzas entre revisións de «Amy Winehouse»

O 14 de setembro 2014, no que sería o seu 31 aniversario, colocouse unha estatua no seu honor no mercado de Camden<ref>{{cita web |autor=Reilly, Dan |url=http://www.spin.com/2014/08/amy-winehouse-statue-london-camden-square-home/ |título=Amy Winehouse Honored With London Statue, Defying Local Tradition |data=21-8-2014 |páxina-web=Spin |dataacceso=1-1-2016 |lingua=inglés}}</ref><ref>{{cita web |url=http://www.bbc.com/news/uk-england-london-29190616 |título=Life-size Amy Winehouse statue unveiled in north London |data=14-9-2014 |páxina-web=BBC News |dataacceso=1-1-2016 |lingua=inglés}}</ref>, a escultura feita en bronce foi descuberta por seus pais perante a xente que ateigaba o lugar<ref>{{cita web |autor=Ellis-Petersen. Hannah |url=http://www.theguardian.com/music/2014/sep/14/amy-winehouse-statue-unveiled-camden-london |título=Amy Winehouse statue unveiled in London |data=14-9-2014 |xornal=The Gardian |dataacceso=1-1-2016 |lingua=inglés}}</ref>. O documental ''[[Amy]]'', estreado en xullo de 2015, fai un percorrido pola vida da cantante dende a súa infancia ata a súa repentina morte e amosa imaxes dela nunca vistas antes<ref>{{cita novas |autor=Aftab, Kaleem |url=http://www.independent.co.uk/arts-entertainment/music/features/amy-director-asif-kapadia-on-the-heartbreaking-compelling-film-that-introduces-a-new-side-to-amy-10331520.html |título=Amy director Asif Kapadia defends himself against Mitch Winehouse criticisms |data=20-6-2015 |xornal=The Independent |dataacceso=4-1-2016 |lingua=inglés}}</ref>. Converteuse no documental británico en obter maior recadación de tódolos tempos, con 3 millóns de libras na primeira fin de semana<ref>{{cita novas |autor=Smith, Jennifer |url=http://www.dailymail.co.uk/tvshowbiz/article-3189601/Amy-Winehouse-film-highest-grossing-British-documentary-time-raking-3million.html |título=Amy Winehouse biopic to become highest grossing British documentary of all time after raking in more than £3million |data= |xornal=The Daily Mail |dataacceso=4-1-2016 |lingua=inglés}}</ref>. Anteriormente estreouse, pouco despois da súa morte e aproveitando a circunstancia, ''Amy Winehouse: Fallen Star'', un filme biográfico de baixo orzamento sobre a intérprete británica<ref>{{cita novas |url=http://www.eldiario.es/cultura/musica/padres-Amy-Winehouse-condenan-documental_0_382161967.html |título=Los padres de Amy Winehouse condenan su documental |data=28-4-2015 |páxina-web=eldiario.es |dataacceso=4-1-2016 |lingua=castelán}}</ref>. Unha nova película biográfica titulada ''Amy Winehouse'' está prevista para o ano 2016<ref>{{cita web |autor=McGoldrick, Debbie |url=http://www.irishcentral.com/news/irishvoice/Kirsten-Sheridan-working-on-new-Amy-Winehouse-bio-pic.html |título=Kirsten Sheridan working on new Amy Winehouse bio-pic |data=12-11-2015 |páxina-web=IrishCentral |dataacceso=4-1-2016 |lingua=inglés}}</ref>.
 
== Dotes artísticasartísticos ==
=== Influencias ===
Amy Winehouse foi asimilando dende a infancia a música que influiría na súa obra. O seu traballo profesional caracterízase pola mestura ecléctica de diversos xéneros musicais: "escoitei hip-hop e jazz durante tantos anos. Foi jazz, soul, [[Motown]], logo hip-hop. Obviamente eu fun polo medio"<ref name="ecléctico">{{cita novas |url=http://www.theguardian.com/music/2012/jul/22/amy-winehouse-her-own-words |título=Amy Winehouse: in her own words |ano=2006 |xornal=The Guardian |dataacceso=5-1-2016 |lingua=inglés}}</ref>.
 
Na súa familia había músicos de jazz profesional e seus pais gustaban da música, na súa casa poñíanse os discos de Etta James, Sarah Vaughan, Dinah Washington, Ella Fitzgerald ou Frank Sinatra<ref name="vinilo">{{cita web |url=http://www.artistdirect.com/artist/bio/amy-winehouse/2758613 |título=Amy Winehouse Biography |páxina-web=Artist direct |dataacceso=5-1-2016 |lingua=inglés}}</ref>. Con todo, ela admitiu non ter escoitado moito soul cando era nova<ref name="ecléctico" />. A través de seu irmán foi coñecendo diversos grupos musicais,: Alex escoitaba Sonic Youth e Pearl Jam, e ela flirteou brevemente con estasestes cousasestilos, pero foi arredor dos 9 cando descubriu Salt-N-Pepa e TLC, sentiuse fascinada ó instante polo espírito rebelde destes grupos e interesouse tamén por outras bandas americanas de R&B e hip-hop do momento. Con 14 comezou a escoitar jazz, sempre a través de seu irmán,; primeiro quedou impresionada con ''’Round Midnight'' de [[Thelonious Monk]] e logo foi [[Ray Charles]] con ''Unchain My Heart'': "entón escoitei a Ray Charles exclusivamente durante tres meses". Con 14 ou 15 gustáballe [[Otis Redding]]<ref name="ecléctico" />. Emporiso nos primeiros anos da adolescencia tamén lle gustaba a mesma música que ós seus amigos, escoitaba a Kylie Minogue e encantáballe Madonna<ref name="troula" /><ref name="pícaro" /><ref name="vinilo" />.
 
Cando comezou a tocar polos pubs de Camden as influencias de Winehouse eran Dinah Washington, Billie Holiday, Frank Sinatra, o álbum ''Tapestry'' de Carole King, e James Taylor,. oO seu representante musical naquela época, Nick Godwyn, comentou: "non era o que unha moza de 16 anos adoitaba escoitar"<ref name="Island" />. Interesouse tamén polas intérpretes de [[gospel]] como [[Mahalia Jackson]] ou [[Aretha Franklin]]. Sarah Vaughan tivo unha grande influencia en Amy Winehouse e na súa aproximación á música, na súa melodía e no seu estilo<ref>{{cita web|título=The Influences of Amy Winehouse - Sarah Vaughan "The Divine One." |url=http://www.thewinehousemag.com/the-influences-of-amy-winehouse/ |autor=Chaka V. |páxina-web=The Winehouse Mag |data=13-7-2013 |dataacceso=24-1-2016 |lingua=inglés}}</ref>, Winehouse declarou: "é unha das miñas cantantes favoritas de tódolos tempos [...] Regresei a Sarah Vaughan contra os 18. Aprendín a cantar de Dinah Washington, e doutros como Monk. Non só vocalmente o jazz. Aprendín de todo realmente"<ref name="ecléctico" />. O seu álbum debut ''Frank'' (2003) constitúe unha fusión ecléctica de soul, jazz e hip-hop<ref name="troula" />.
 
Cando fixo ''Back to Black'' (2007) moveuse cara oó rhythm and blues e inspirouse nos grupos femininos das décadas de 1950 e 1960, no rock and roll e no soul<ref name="fortuna" />. Entre os grupos femininos nos que se inspirou están [[The Shangri-Las]], e delas dixo: "eu amo o drama, amo a atmosfera, amo os efectos sonoros. E escribiron a canción máis deprimente de todas: ''I Can Never Go Home Anymore''. Cando eu e máismais o meu mozo terminamos adoitaba escoitar esta canción en modo ''repeat'', soa e sentada no chan da cociña cunha botella de Jack Daniel's. Esvaecía, espertaba e volvía a facelo de novo"<ref name="ecléctico" />. Inspirouse tamén en The Crystals para o seu segundo álbum<ref>{{cita web|url=http://www.youtube.com/watch?v=t6kWDfPzqO4&feature=youtu.be |título=Entrevista a Amy Winehouse na ITV.com no 2007 |editor=Youtube.com |dataacceso=5-1-2016 |lingua=inglés |postscript=. —a referencia a The Crystals aparece entre 1:00 – 1:25.}}</ref>.
 
=== Estilo vocal ===
 
=== Imaxe ===
Ó principio, cando lanzou o seu álbum debut ''Frank'', Winehouse semellaba unha persoa tímida, pouco convencida do seu atractivo, cunha melena exuberante e cun gusto sobrio á hora de vestir e de maquillarse<ref name="xenio">{{cita novas |autor=Trebay, Guy |url=http://www.nytimes.com/2011/07/28/fashion/amy-winehouse-bad-girl-with-a-touch-of-genius.html |título=A Bad Girl With a Touch of Genius |data=27-7-2011 |xornal=The New York Times |dataacceso=5-3-2016 |lingua=inglés}}</ref>. Nunha entrevista para o seu programa televisivo no ano 2004 Jonathan Ross preguntoulle: "Tentaron moldeala dalgún xeito, pedíronlle cambiar o seu aspecto, dixéronlle como falar ou como comportarse?" Ela contestou axiña: "Hum... si [...] e eu dixen non. Non [...] Eu teño o meu propio estilo. E escribín as miñas propias cancións, se alguén ten moito de algo eé moi pouco que podes engadir"<ref>{{cita web |url=http://lybio.net/amy-winehouse-jonathan-ross-2004-i-heard-love-is-blind-interview/people/ |título=Transcrición da entrevista de Winehouse con Jonathan Ross no 2004 |data=4-7-2013 |páxina-web=Lybio |dataacceso=7-3-2016 |lingua=inglés}}</ref>.
 
A súa aparencia mudara por completo cando lanzou o seu segundo álbum, ''Back to Black'', a finais do ano 2006: estaba máis delgada, con múltiples tatuaxes e combinando o seu peiteado ''beehive'' cos beizos pintados e os ollos maquillados<ref name="singular">{{cita web |url=http://www.get-the-look.cl/articulo/amy-winehouse-estilo-retro-eternizado-con-su-peinado-super-voluminoso_a486/1 |título=Amy Winehouse: estilo retro eternizado con su peinado súper voluminoso |páxina-web=Get the Look |dataacceso=5-3-2016 |lingua=inglés}}</ref>. O seu estilo distintivo estaba inspirado na estética dos anos sesenta do século XX. O delineado de ollos, as tatuaxes e mailo xeito de vestir contribuíron á súa aparencia pero o peiteado ''beehive'', un pouco desordenado e algo arrevesado, deulle esplendor á súa imaxe<ref name="fermosa" />. E certamente Blake Fielder-Civil puido ser unha influencia para ela canto ó seu aspecto<ref name="xenio" /><ref>{{cita web |url-arquivo=https://web.archive.org/web/20160305112734/http://successstory.com/people/amy-jade-winehouse |data-arquivo=5-3-2016 |url=http://successstory.com/people/amy-jade-winehouse |título=Amy Winehouse Success Story |páxina-web=SuccessStory |dataacceso=5-3-2016 |lingua=inglés}}</ref>.
 
[[Ficheiro:WinehouseLA.jpg|miniatura|esquerda|200px|“Son moi insegura no referente ó meu aspecto [...] Canto máis insegura me sinto, meirande ten que ser o meu cabelo.„<br />—Amy Winehouse, ano 2007<ref name="meirande" />.]]
Respecto ó seu peiteado admitiu: "Eu son unha persoa moi insegura. Son moi insegura no referente ó meu aspecto [...] Canto máis insegura me sinto, meirande ten que ser o meu cabelo"<ref name="meirande">{{cita novas |url=http://www.dailymail.co.uk/tvshowbiz/article-489296/Lifes-short-just-says-unrepentant-Amy-Winehouse.html |título=Life's too short, just do it, says unrepentant Amy Winehouse |data=23-10-2007 |xornal=The Daily Mail |dataacceso=13-2-2015 |lingua=inglés}}</ref>. O peiteado ''beehive'' incrementaba a súa estatura: unha vigorosa perruca constituía a base, ademais levaba extensións de cabelo e unha morea de laca. Winehouse variou decote o seu peiteado engadindo mechas loiras ou incluíndo accesorios, as máis das veces de xeito descoidado<ref name="fermosa" />. A diario vestía de forma máis sinxela: cabelo apenas recollido, chaquetas máis simples, zapatillas cómodas e jeans. No entanto nos concertos e noutros eventos públicos transformábase e usaba sempre zapatos altos<ref name="singular" />.
 
O seu cabelo natural era crecho, durante a súa estadía no Caribe e noutras ocasións deixou o seu cabelo crecho de forma natural<ref>{{cita novas |url=http://www.dailymail.co.uk/tvshowbiz/article-1165788/Hair-today-gone-tomorrow-Amy-Winehouse-ditches-beehive-hops-fence-neighbours.html |título=Hair today, gone tomorrow: Amy Winehouse ditches the beehive as she hops over the fence to see the neighbours |data=30-3-2009 |xornal=The Daily Mail |dataacceso=5-3-2016 |lingua=inglés}}</ref>. E malia icónica imaxe onde o toucado ''beehive'' destacaba luciu en certas ocasións outros peiteados, recollido o pelo nun pano e incluso tinguido de loiro<ref>{{cita publicación periódica |url=http://www.glamourmagazine.co.uk/fashion/dos-and-donts/2008/01/10/blonde-ambition |título=Amy Winehouse ditches the beehive and goes blonde |data=10-1-2008 |revista=Glamour |dataacceso=13-2-2016 |lingua=inglés}}</ref>. As súas tatuaxes, que empezou a facer na adolescencia, comezando por unha pequena Betty Boop no cadril dereito e tatuando finalmente pin-ups, unha ferradura, corazóns, unha ancoraáncora ou o nome do seu amado no seo esquerdo<ref name="xenio" /> eran do estilo old school na forma e na cor, evocando as décadas de 1950 e 1960<ref name="retro">{{cita web |url=http://amywinehouseforever.org/45/fashion/tattoos/ |título=Amy Winehouse Tattoos |páxina-web=Amy Winehouse Forever |dataacceso=6-3-2016 |lingua=inglés}}</ref>.
 
As tatuaxes coñecidas de Winehouse son; unha [[ferradura]] no brazo esquerdo arrodeada polas palabras ''Daddy’s Girl'', dedicada a seu pai<ref>{{cita web |url=http://stealherstyle.net/amy-winehouse/?post_type=tattoos |título=Amy Winehouse Tattoos |data= |páxina-web=Steal Her Style |dataacceso=7-3-2016 |lingua=inglés}}</ref>, e debaixo unha [[Pin-up girl|pin-up]] en topless. No antebrazo dereito unha pluma dos [[Amerindio|nativos americanos]], foi unha das primeiras tatuaxes que fixo e para ela representaba o valor e a coraxe. No [[dedo anular]] da man esquerda un corazón tatuado e sobre el a letra ''A''. No brazo dereito unha tatuaxe dedicada a súa avoa ''Cinthya'' e sobre ela dous corazóns. Tamén no brazo dereito unha pin-up axeonllada cubríndose cun abano. No antebrazo dereito un paxaro chiando e as palabras ''Never Clip My Wings'', e xusto debaixo deste un [[lóstrego]]. No cadril dereito unha pequena BettieBetty Boop, foi a súa primeira tatuaxe. Sobre o corazón un peto co nome do seu mozo ''Blake’s''. Na barriga, no lado dereito do embigo, unha áncora coas palabras ''Hello Sailor''. Finalmente, no medio e medio do lombo, unha [[Haliaeetus leucocephalus|aguia americana]] agarrando o [[Ankh]] coas cores da [[Bandeira dos Estados Unidos de América|bandeira americana]]<ref name="retro" />.
 
O bouffant de Amy e o delineado ollos fixeron dela unha fonte de inspiración para moitos deseñadores<ref>{{cita web |autor=Yotka, Steff |url=http://fashionista.com/2011/07/amy-winehouses-fashion-legacy |título=Amy Winehouse's Fashion Legacy |data=23-7-2011 |páxina-web=Fashionista |dataacceso=13-3-2016 |lingua=inglés}}</ref>, o seu estilo distintivo inspirou os modelos presentados nas pasarelas de Dior<ref name="xenio" /> e Chanel<ref>{{cita publicación periódica |autor=Yaeger, Lynn |url=http://www.vogue.com/873832/remembering-amy-winehouse/ |título=Remembering Amy Winehouse |data=25-7-2011 |revista=[[Vogue (revista)|Vogue]] |dataacceso=13-3-2016 |lingua=inglés}}</ref><ref>{{cita publicación periódica |url=http://www.usmagazine.com/celebrity-style/news/amy-winehouses-lasting-style-influence-2011257 |título=Amy Winehouse’s Lasting Style Influence |data=26-7-2011 |revista=Us Weekly |dataacceso=13-3-2016 |lingua=inglés}}</ref>, do 2007 e 2008. O editorial de febreiro de 2008 da revista ''Vogue Paris''<ref>{{cita web |url=http://rockthetrend.com/people/lidole-isabeli-fontana-as-amy-winehouse-in-vogue-paris-feb-2008/ |título=L’IDOLE Isabeli Fontana as Amy Winehouse in Vogue Paris (Feb 2008) |páxina-web=Rock The Trend |dataacceso=13-3-2016 |lingua=inglés}}</ref> e o desfile de Jean-Paul Gaultier do ano 2012 rendéronlle homenaxe<ref>{{cita publicación periódica |url=http://smoda.elpais.com/moda/gaultier-resucita-a-amy/ |título=Gaultier resucita a Amy |data=25-1-2012 |xornal=[[El País]] |dataacceso=13-3-2016 |lingua=castelán}}</ref><ref>{{cita publicación periódica |autor=Cenea, Laia |url=http://smoda.elpais.com/moda/nadie-homenajea-a-amy-mejor-que-amy-con-permiso-de-su-padre/ |título=Nadie homenajea a Amy mejor que Amy (con permiso de su padre) |data=31-1-2012 |xornal=El País |dataacceso=13-3-2012 |lingua=castelán}}</ref>. Fred Perry sacou tamén unha colección e pezas de roupa inspiradas pola cantante británica<ref>{{cita publicación periódica |autor=Vesilind, Emili |url-arquivo=https://web.archive.org/web/20111204082140/http://latimesblogs.latimes.com/alltherage/2010/10/soul-clothes-amy-winehouse-inspires-a-collection-by-brit-brand-fred-perry.html |dataarquivo=4-12-2011 |url=http://latimesblogs.latimes.com/alltherage/2010/10/soul-clothes-amy-winehouse-inspires-a-collection-by-brit-brand-fred-perry.html |título=Soul clothes: Amy Winehouse inspires a collection by Brit brand Fred Perry |data=27-10-2010 |xornal=Los Angeles Times |dataacceso=13-3-2016 |lingua=inglés}}</ref>.
35.817

edicións