Enzima: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 9:
== Actividade enzimática ==
 
Os enzimas transforman unha substancia, chamada [[substrato (bioquímica)|substrato]], noutra diferente denominada [[produto (bioquímica)|produto]], e son extremadamente específicas para a reacción que catalizan. Isto quere dicir que, en xeral, un mesmo enzima cataliza un e só un tipo de reacción química (se ben poden existir varios enzimas que catalicen a mesma reacción). Consecuentemente, o tipo de enzimas atopados nunha célula determina o tipo de [[metabolismo]] que a célula efectúa.
 
A velocidade da reacción catalizada por un enzima aumenta debido á diminución da [[enerxía de activación]] necesaria para transformar o substrato no produto. A aceleración da reacción pode ser da orde de varios millóns de veces: por exemplo, o enzima orotidina-5'-fosfato descarboxilase diminúe o tempo da reacción que cataliza de 78 millóns de anos a 25 milisegundos.<ref name=proficient>A. Radzicka, R. Wolfenden (1995), "A proficient enzyme.", ''Science'', '''6'''(267), p. 90-931</ref>