Aparello respiratorio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Jglamela (conversa | contribucións)
Liña 37:
 
== A respiración no ser humano ==
Nos seres humanos, o sistema respiratorio consiste nas vías aéreas, pulmóns e músculos respiratorios, que provocan o movemento do aire tanto cara adentro como cara a fóra do corpo. O intercambio de gases é o intercambio de osíxeno e dióxido de carbono, do corpo co seu medio. Dentro do sistema alveolar dos pulmóns, as moléculas de osíxeno e dióxido de carbono intercámbianse pasivamente, por difusión, entre o contorno gasoso e o sangue. Así, o sistema respiratorio facilita a osixenación coa remoción contaminante do dióxido de carbono (e outros gases que son refugallos do metabolismo) da circulación.
 
O sistema tamén axuda a manter o balance entre ácidos e bases no corpo a través da remoción eficiente do dióxido de carbono do sangue.
 
O home utiliza [[respiración pulmonar]] cuxo aparello respiratorio divídese conceptualmente en:
* '''[[Vía aérea (anatomía)|Sistema de condución]]:''' [[fosa nasal]], [[boca]], [[farinxe]], [[larinxe]], [[traquea]], [[bronquio]]s principais, bronquios lobares, bronquios segmentarios e [[bronquiolos]].