Diferenzas entre revisións de «Volcán»

m
Arranxos varios using AWB
m (*Sudáfrica -> Suráfrica; cambios estética)
m (Arranxos varios using AWB)
Os [[xeoloxía|xeólogos]] clasificaron os volcáns en tres categorías: [[volcán en escudo|volcáns en escudo]], [[cono de cinzas|conos de cinzas]] e [[cono composto|conos compostos]] (tamén coñecidos como estratovolcáns).
 
O volcán coñecido máis grande do [[Sistema Solar]] é [[Olympus Mons]], situado en [[Marte (planeta)|Marte]] e actualmente inactivo, cuns 600  km de base e uns 27  km de altura. Outras estruturas volcánicas salientables poden atoparse na superficie de [[Ío (lúa)|Ío]].
[[Ficheiro:Volcano q.jpg|miniatura|350px|Erupción dun volcán]]
 
== Efectos ==
 
A erupción dun volcán é considerada un grave [[desastre]] natural, por veces de consecuencias planetarias. Así como outros desastres desa [[natureza]] son imprevisíbeis e causan danos indiscriminados.
 
Por outro lado, os arredores dos volcáns, formados de lava arrefriada, tenden a estar formados por chans bastante fértiles para a [[agricultura]].
 
* '''Volcán de escudo''': volcáns que expulsan cantidades enormes de [[lava]] que gradualmente van alongando o seu cráter e arredores. Os volcáns das [[Illa]]s [[Hawai]] son exemplos dese tipo, e alongan as illas a cada erupción. Os seus fluxos de lava son xeralmente moi quentes e fluídos.
 
* '''Conos volcánicos''': resultan de erupcións que descartan basicamente anacos pequenos de [[pedra]]s, que se acumulan arredor da abertura. As súas erupcións son relativamente pequenas e breves, e producen unha [[colina]] (cono) de 30 a 300 metros de altura.
* '''Volcáns compostos (ou estratovolcáns)''': son montañas altas en cono, compostas de fluxos de lava e material expelido. Exemplos: o [[Monte Fuji]] no [[Xapón]], o [[Monte Vesuvio|Vesuvio]] na [[Italia]], e o [[Monte Erebus|Erebus]] na [[Antártida]]).
 
* '''Volcáns compostos (ou estratovolcáns)''': son montañas altas en cono, compostas de fluxos de lava e material expelido. Exemplos: o [[Monte Fuji]] no [[Xapón]], o [[Monte Vesuvio|Vesuvio]] na [[Italia]], e o [[Monte Erebus|Erebus]] na [[Antártida]]).
 
* '''Super volcáns''': son unha clase de volcáns que teñen un [[caldeira]] grande e que potencialmente poden producir devastacións en escala [[continente|continental]], e causar mudanzas climáticas globais importantes.
 
=== Volcán de escudo ou en escudo ===
[[Ficheiro:Dds40-097 large.jpeg|miniatura|300px|Volcán Kanaga en Alaska, o 27 de xaneiro de 1994]]
Cando a [[lava]] expulsada polo volcán é fluída, do tipo haiwaiano, o volcán adquire unha forma dunha estrutura ampla e abovedada, que pola súa aparencia son denominados “en escudo”. Un volcán en escudo está formado principalmente por lavas [[Basalto|basálticas]] (ricas en [[ferro]]) e pouco material [[Piroclasto|piroclástico]]. O maior volcán da [[Terra]] é o [[Mauna Loa]], un volcán en escudo nas illas [[Hawaii]]. O Mauna Loa nace nas profundidades do mar a uns 5.000 metros e elévase sobre o nivel do mar por uns 4.170 metros, cuns 9,5  km de altura é maior que o [[Monte Everest]]. Os volcáns en escudo como o Mauna Loa fórmanse ao longo de millóns de anos grazas a ciclos de erupcións de lava que se van superpondo unhas con outras.
 
O volcán de escudo máis activo é o [[Kilauea]], localizado na Illa de Hawai á beira de [[Mauna Loa]]. No período histórico o Kilauea entrou unhas 50 veces en erupción e é, polo tanto, o volcán deste tipo máis estudado. O resultado das erupcións constantes por millóns de anos deu lugar á creación das montañas máis grandes da Terra (se se ten en conta a altura contando dende a base no leito mariño).
 
==== Nube ardente ====
Cando as erupcións dun volcán están acompañadas de gases quentes e cinzas prodúcese o que se coñece como fluxo piroclástico ou [[nube ardente]]. Tamén coñecida como ''avalancha incandescente'', a nube ardente desprázanse pendente abaixo a velocidades próximas aos 200  km/h. A sección basal destas nubes conteñen gases quentes e partículas que flotan neles. Desta forma, as nubes transportan fragmentos de rochas que grazas ao rebote dos gases quentes en expansión deposítanse ao longo de máis de 100  km dende o seu punto de orixe.
 
En [[1902]] unha nube ardente dun pequeno volcán chamado [[Monte Pelée]] na illa [[Caribe (rexión)|caribeña]] de [[Martinica]] destruíu á cidade portuaria de [[Saint Pierre (Martinica)|Saint Pierre]]. A destrución foi tan devastadora que morreu case toda a poboación (uns 28.000 habitantes). A diferenza de [[Pompeia]], que quedou soterrada nun manto de cinzas nun período de tres días e as casas quedaron intactas (salvo os teitos polo peso das cinzas), a vila de Saint Pierre foi destruída só en minutos e a enerxía liberada foi tal que as árbores foron arrincados de raíz, as paredes das casas desapareceron e as monturas dos canóns se desintegraron. A erupción de Pelée mostra o distintos que poden ser dous volcáns do mesmo tipo.
No caso dos enormes volcáns en escudo de Hawai, as caldeiras creáronse pola continua subsidencia a medida que o magma se drenaba dende a cámara magmática durante as erupcións laterais.
 
As caldeiras de gran tamaño fórmanse cando un corpo magmático [[granito|granítico]] ([[félsico]]) se sitúa preto da superficie curvando deste xeito as rochas superiores. Posteriormente, unha fractura no teito permite ao magma rico en gases e moi viscoso ascender ata a superficie, onde expulsa, de xeito explosivo, enormes volumes de material piroclástico, fundamentalmente cinzas e fragmentos de [[pumita]]. Estes materiais denomínanse coadas piroclásticas e poden atinxir velocidades de 100  km/h. Cando estes materiais se deteñen, os fragmentos quentes fusiónanse para formar unha [[toba soldada]] que se asemella a unha coada de lava solidificada. Finalmente, o teito derrúbase dando lugar a unha caldeira. Este procedemento pode repetirse varias veces no mesmo lugar.
 
Coñécense polo menos 138 caldeiras que superan os 5 quilómetros de diámetro. Moitas destas caldeiras son difíciles de situar, polo que foron identificadas con imaxes de satélite. Entre as máis importantes atópase [[A Garita (caldeira)|A Garita]] cuns 32  km de diámetro e unha lonxitude de 80 que está situada nas [[montañas de San Xoán]] ao sur do [[Colorado (estado)|estado de Colorado]].
 
=== Erupcións fisurais e chairas de lava ===
Malia que as erupcións volcánicas están relacionadas a estruturas en forma de cono, isto non é así xa que a maior parte do material volcánico é extruído por fracturas na cortiza denominadas [[fisura]]s. Estas fisuras permiten a saída de lavas de baixa viscosidade que recobren grandes áreas. A [[chaira de Columbia]] no noroeste dos Estados Unidos formouse deste xeito. As erupcións fisurais expulsaron lava basáltica moi líquida. As coadas seguintes cubriron o relevo e formaron unha [[chaira de lava]] (''plateau'') que nalgúns lugares ten case 1,5  km. de grosor. A fluidez evidenciase na superficie percorrida pola lava: uns 150  km. dende a súa orixe. A estas coadas denomínaselles [[basaltos de inundación]] (''flood basalts'').
 
Este tipo de coadas sucede fundamentalmente no chan oceánico onde non poden verse. Ao longo das [[Dorsal oceánica|dorsais oceánicas]], onde a expansión do chan oceánico é activa, as erupcións fisurais xeran novo chan oceánico. [[Islandia]] está situada enriba da [[dorsal centroatlántica]] e experimentou numerosas erupcións fisurais. As erupcións fisurais máis grandes de Islandia ocorreron en [[1783]] e denomináronas [[erupcións de Laki]]. [[Laki]] é unha fisura ou volcán fisural de 25  km. de longo que xerou máis de 20 chemineas separadas que expulsaron correntes de lava basáltica moi fluída. O volume total de lava expulsada polas erupcións de Laki foi superior aos 12  km³. Os gases arruinaron as praderías e mataron ao gando islandés. A fame subseguinte matou preto de 10.000 persoas.
 
=== Domo de lava ===
=== Chemineas e pitóns volcánico ===
[[Ficheiro:Map indonesia volcanoes.gif|miniatura|430px|Volcáns da Indonesia]]
Os volcáns aliméntanse do magma a través de condutos denominados [[cheminea]]s. Estas tubaxes poden estenderse ata uns 200  km. de profundidade. Neste caso, as estruturas provén de mostras do [[manto]] que experimentaron moi poucas alteracións durante o seu ascenso.
 
As chemineas volcánicas mellor coñecidas son as [[Suráfrica|surafricanas]] que están cargadas de [[diamante]]s. As rochas que enchen estas chemineas orixináronse a profundidades de 150  km., onde a presión é o bastante elevada como para xerar diamantes e outros [[mineral|minerais]] de alta presión.
 
Debido a que os volcáns están sendo rebaixados constantemente pola [[erosión]] e a [[meteorización]]. Os [[Cono de cinzas|conos de cinzas]] son desgastados co tempo, pero non sucede o mesmo con outros volcáns. Conforme a erosión progresa, a rocha que ocupa a cheminea e que é máis resistente, pode permanecer de pé sobre o terreo circundante moito despois de que desapareza o cono que a contén. A estas estruturas chámaselles [[pitón volcánico]]. [[Shiprock]], en [[Novo México]], é un claro exemplo deste tipo de estruturas.
393.002

edicións