Tradución: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
m Arranxos varios using AWB
Liña 9:
O obxectivo da tradución é crear unha relación de equivalencia entre o texto orixe e o texto meta, é dicir, a seguridade de que ambos os textos comuniquen a mesma mensaxe, á vez que se teñen en conta aspectos coma o xénero textual, o [[contexto]], as regras da [[gramática]] de cada un dos idiomas, as convencións estilísticas, a fraseoloxía etc.
 
É importante diferenciar a tradución da [[Interpretación (retórica)|interpretación]]: No primeiro caso, transfírense ideas expresadas por escrito dunha lingua a outra, mentres que na interpretación as ideas exprésanse oralmente ou mediante a xesticulación (como acontece na linguaxe de signos) dunha lingua a outra.
 
Segundo a análise dos procesos implicados na tradución e interpretación, poderíase considerar que esta última constitúe unha subcategoría da tradución{{Cómpre referencia}}.
Liña 16:
Na súa obra, ''Teoría y práctica de la traducción'', [[Valentín García Yebra]] recoñece dúas fases no [[proceso tradutolóxico]]: "a fase da comprensión do texto orixinal, e a fase da expresión da súa mensaxe, do seu contido, na lingua receptora ou terminal".
 
Na etapa de comprensión, decodifícase o sentido do texto orixe, nunha actividade denominada semasiolóxica (do [[Lingua grega|grego]], ''sema'', sentido ou significado). Na etapa de expresión, recodifícase este sentido na lingua meta; etapa tamén chamada onomasiolóxica (do grego, ''onoma'', nome).
 
Na etapa de decodificación do sentido do texto, o tradutor debe identificar en primeiro lugar os segmentos que compoñen o texto orixinal. É dicir, debe estabelecer as unidades mínimas con sentido. O segmento pode ser unha [[palabra]], [[frase]] ou incluso unha ou máis [[Oración gramatical|oracións]] (por exemplo, un texto completo).
Liña 24:
Ambas as dúas etapas son de índole recursiva, e non necesariamente sucesivas, é dicir, o tradutor pode volver desentrañar o sentido do texto orixe, unha vez que recodificou o sentido na lingua meta.
 
Após este procedemento, sinxelo a primeira vista, agóchase unha operación cognitiva complexa. Para decodifica-lo sentido completo do texto orixe, o tradutor ten que interpretar e analizar tódalas súas características de forma consciente e metódica. Este proceso require un coñecemento profundo da gramática, [[semántica]], [[sintaxe]] e frases feitas ou similares da lingua orixe, así como da [[cultura]] dos seus falantes.
 
O tradutor debe contar tamén con estes coñecementos para recodificar o sentido na lingua meta. De feito, estes adoitan ser máis importantes e, polo tanto, máis fondos cós da lingua orixe. De aí que a maioría dos tradutores traduzan á súa [[lingua materna]].
 
Ademais, é esencial que os tradutores coñezan a área que se está tratando.
 
Os estudos realizados nos últimos anos en [[lingüística cognitiva]] permitíronnos comprender mellor o proceso cognitivo da tradución.