Abrir o menú principal

Cambios

m
Arranxos varios using AWB
==Traxectoria==
Nado en [[Xenebra, Suíza|Xenebra]] nunha familia protestante. A súa nai morreu á súa nacenza e o pai entregouno con 10 anos de idade aos coidados do seu tío, que á súa vez o entregou a un padre, co cal Rousseau viviu unha infancia infeliz. Despois de breve período de vagabundaxe, acabou por entrar nun [[hospicio]] en [[Turín]]. Despois de tentativas frustradas de acollemento nun seminario, atravesou en [[1730]] a [[Suíza]] e [[Francia]] ata que en [[1742]] asentou en [[París]], onde coñeceu a [[Denis Diderot]], algúns anos máis tarde. A través deste coñecemento, Rousseau tornouse un dos moitos colaboradores da [[Encyclopédie]]. Escribiu algúns artigos sobre música, a súa grande paixón.
 
Con a publicación da súa obra ''[[Emilio ou Da educación]]'' ([[1762]]) entrou en conflito coas autoridades, razón pola cal fuxiu para [[Inglaterra]] en [[1766]], invitado por [[David Hume]]. En [[1767]] regresou a [[Francia]] cun nome falso, e casou un ano despois coa súa amada de longa data, [[Thérèse Levaseur]]. Faleceu en [[Ermenonville]] (40  km a nordeste de [[París]]) en [[1778]].
 
A tumba de Rousseau trasladouse ao [[Panteón de París|Panthéon]] en Paris en [[1794]], 16 anos anos despois da súa morte. A tumba foi deseñada como un templo rústico, por asociación coas súas teorías da natureza.
 
==O contrato social==
Talvez a súa obra máis importante, ''O [[contrato social]]'' delinea a base dunha orde política lexítima. Publicado en [[1762]] e condenado polo parlamento de [[París]] cando apareceu, tornouse unha das obras máis influentes do pensamento político da tradición occidental. Elaborado con base na súa obra anterior, especialmente os ''Discursos sobre a desigualdade'', Rousseau expón aquí o estado da natureza dexenerado nunha condición embrutecida sen lei nin [[Moral|moralidademoral]]idade, a un punto en que a humanidade deberá optar por reunir as súas forzas pois non pode crealas, mais direcionalas a fin de que se preserven a igualdade e a [[Liberdade|liberdade]]. A pesar de se parecer ao estado de natureza de [[Hobbes]], ese estado dexenerativo, o cal describe Rousseau, é unha suposición usada como argumento retórico da súa obra e sen fundamento histórico.
 
De acordo con Rousseau, ao asociarse a través dun contrato social, os individuos asociados alienan os seus dereitos ao recén formado corpo político. Esa total alienación é vantaxosa, posto que se forma aquí un novo corpo, indivisible e con vontade propia, así calquera dano ao corpo será un dano a todos, e calquera vantaxe ao corpo será unha vantaxe a todos, logo ninguén desexará prexudicar aos demais. Afín de preservárense, os individuos asociados deberán obedecer a este corpo, o que non afronta á liberdade, mais substituía da natural pola convencional que será cumprir as leis que son as vontades dun pobo estabelecidas para el mesmo, logo obedecendo ao corpo, obedecese a si mesmo. Isto porque a submisión á autoridade da vontade xeral da poboación como un todo protexe os individuos da subordinación ás vontades doutros pola forza e asegura que estes lle obedezan pois eles son, colectivamente, os autores da lei.
 
Encanto Rousseau argumenta que a soberanía debería estar nas mans do pobo, el tamén fai unha distinción clara entre soberano, goberno e estado. Este goberno é criado nun aparente impase:
381.287

edicións