Abrir o menú principal

Cambios

m
Arranxos varios using AWB
Nkrumah naceu en [[Nkroful]], no territorio africano entón coñecido como [[Costa de Ouro]], hoxe [[Ghana]], nunha familia de relixión cristiá relativamente humilde. Acudiu á escola elemental na localidade de [[Half Assini]], diplomándose logo en [[Accra]] no Government Training College (que cambiou o nome naquel mesmo ano para Achimota School). No 1935 deixou Ghana para ir aos [[Estados Unidos de América]]. Aí traballou e seguiu estudos nunha variedade de materias (Ensinanza, Economía, Socioloxía e Teoloxía) na [[Universidade Lincoln]] e na [[Universidade de Pensilvania]]<ref>Kwame Botwe-Asamoah ''Kwame Nkrumah's Politico-Cultural Thought and Policies''. Routledge, 2005, páxina 3</ref>. En [[1945]] marchou ao [[Reino Unido]], e estudou ciencias políticas na [[London School of Economics]].
 
Nkrumah viviu a experiencia da discriminación racial, quedando ao tempo impresionado polo pensamento dalgúns activistas afroamericanos, como [[Marcus Garvey]] e [[Web Du Bois]]. Dos Estados Unidos trasladouse a Gran Bretaña con intención de continuar os seus estudos. Nkrumah xogaría un papel de primeiro plano na WASU (West African Students’ Union: Unión de Estudantes da África Occidental), colaborando como secretario na organización do V [[Congreso Panafricano]], en [[Manchester]], organismo instituído por [[W.E.B. Du Bois]].
 
== Regreso a Ghana ==
 
Nkrumah comezou a súa axitación polo país adiante. De comunidade en comunidade proclamou que a [[Costa de Ouro]] precisaba o "autogoberno", ao tempo que edificaba unha ampla base de poder. Os agricultores do cocos uníronselle porque estaban en desacordo coa política británica. Recabou que as mulleres tomasen parte no proceso político nunha época na que o [[sufraxio feminino]] era aínda recente nas [[democracia]]s occidentais. Os sindicatos tamén se xuntaron ao seu movemento. Cara [[1949]], organizara todos eses grupos nun novo partido denominado The Convention People’s Party (Partido da Convención Popular) (CCP). Nkrumah, ademais de poder contar co seu propio [[carisma]] persoal, buscou rodearse de persoas con habilidade propagandística que soubesen aproveitar todos os medios ao seu alcance, especialmente xornalísticos. Fundáronse novos xornais como ''Accra Evening News'' e ''Cape Coast Daily Mail'' que, a diferencia das anteriores publicacións políticas do país, eran redactadas de xeito simple e comprensíbel. O goberno colonial británico probou a censurar e reprimir os xornais, mais desta vez só conseguiu inflamar o ánimo da poboación.
 
O [[9 de xaneiro]] de [[1950]] Nkrumah proclamou unha grande folga con demostracións polo país enteiro, que se denominou “Positive Action” (Acción concreta): a idea era imitar o exemplo de [[Gandhi]] na India. Algúns tumultos conseguintes deron ao goberno colonial a escusa para arrestar de novo a Nkrumah.
Un dos primeiros obxectivos do goberno Nkrumah foi promover o [[desenvolvemento]] do país, de modo que os seus [[recurso]]s poidesen ser usados para mellorar o [[benestar]] da poboación, e non só para producir bens exportábeis cara os países desenvolvidos. Desde un punto de vista [[Ideoloxía|ideolóxico]] Nkrumah era un defensor do [[socialismo africano]]. Foi así creado un sistema económico que combinaba a libre iniciativa privada cun forte papel do [[Estado]] na economía. Na primeira época a política de Nkrumah obtivo discretos éxitos, especialmente nos campos do [[ensino]] e da construción de [[infraestrutura]]s (o grande encoro de [[Akosombo]]), mais os programas de desenvolvemento impuxeron tamén un forte peso nas finanzas do país que, unido as esperanzas que as excesivas ambicións do presidente xeraran, e máis o difusión da corrupción, revelouse un punto insostíbel. Amargado polas dificultades que Ghana atopaba no seu intento de se emancipar tanto social como economicamente, Nkrumah virou moi apaixonado na denuncia do [[neocolonialismo]] . Para vencer estas forzas Nkrumah tiña en mente unha solución, xa pensada nos tempos da súa militancia no movemento [[panafricano]]: a unión de [[África]] enteira nunha [[federación]].
 
As ambicións revolucionarias de Nkrumah levábano a considerarse investido dunha misión que transcendía os confíns de Ghana para se estender por toda [[África]]. Nkrumah vía na federación de África o único xeito de que o continente se emancipase realmente e obtivese un espazo na época da [[Guerra Fría]]. Coherentemente, estaba a prol dunha política de “neutralismo activo”.
 
Neses anos da [[descolonización]] a idea dunha organización, calquera que fose, dos países africanos gozaba de consenso xeral. Mais Nkrumah insistía en botar as bases dunha unión política, sendo claro que esa postura non se aceptaba pola maioría dos dirixentes africanos. De maneira que a Organización da Unidade Africana ([[OUA]]) non correspondía aos desexos de Nkrumah, senón a penas un organismo intergobernamental. Con todo, en 1965, Kwame Nkrumah non dubidou en gastar 10 millóns de [[Libra esterlina|libra]]<nowiki/>s en erguer un Pazo da Unidade Africana en Accra, con ocasión da Conferencia de Xefes de Estado e Goberno da OUA, nun momento no que a economía do seu país estaba en dificultades, custo que a súa ambición política impuña e que lle subtraía o apoio da poboación. Por outra banda a súa liña intransixente sobre o neocolonialismo, xunto co apoio aos "combatentes pola liberdade" no resto do continente, e mailo seu achegamento, nos anos últimos, á [[URSS]] e a [[República Popular China|China]], contribuirón a lle crear fama de revolucionario incómodo e a lle retirar o sostén dos "moderados". Todos ese factores illárono no plano internacional e foron unha das causas da súa caída. Outra causa sería o cariz cada vez máis [[autoritario]] que o seu réxime fora tomando desde a independencia de Ghana.
 
Se ben Nkrumah se declarara partidario dun réxime [[democracia|democrático]], na práctica demostrouse pouco tolerante cando a oposición puña en perigo as súas concepcións de progreso e unidade das nacións e da interpretación que daba da vontade popular. A represión do disenso era xustificada pola identificación do “goberno do pobo” coa vontade do líder electo, isto é co mesmo Nkrumah. As primeiras medidas que restrinxían as liberdades políticas no país foran unha resposta as axitacións rexionalistas e secesionistas que acompañaran á independencia: a Deportation Act (Lei de deportación), que permitía expulsar de Ghana os cidadáns estranxeiros que apoiasen e financiasen a oposición e maila Avoidance of Discrimination Act (Lei antidiscriminación). Ambas de 1957. A última das leis vedaba os partidos de base rexional ou tribal. Pero foi máis alá, coa Preventive Detention Act (Lei de detención preventiva), de xullo de 1958, que autorizaba encarcerar por un período non superior a cinco anos, en base a simples sospeitas, a quen fose acusado de accións contra a seguranza do país.
O [[24 de febreiro]] de [[1966]], mentres o presidente estaba ocupado nunha misión de paz en [[Hanoi]], entón capital de [[Vietnam do Norte]], o exército e a policía anunciaron a súa expulsión do poder, a suspensión da Constitución e a formación dun goberno militar provisorio. Nkrumah refuxiouse en [[Guinea-Conakry]].
 
O [[27 de abril]] de [[1972]] Kwame Nkrumah morreu de cancro en [[Romanía]], onde se retirara para curarse.
 
Nkrumah foi e é aínda un referente para toda África, como unha das figuras máis importantes na loita contra o colonialismo e pola emancipación dos pobos do [[Terceiro Mundo]]. Os ouvintes africanos da BBC escollérono como "Home do Milenio" no [[2000]].
}}
 
{{ORDENAR:Nkrumah, Kwame}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Nkrumah, Kwame}}
[[Categoría:Descolonización]]
[[Categoría:Presidentes de Ghana]]
381.287

edicións