Diferenzas entre revisións de «Fernando de Magalhães»

m
Arranxos varios using AWB
m (Arranxos varios using AWB)
== A expedición ==
[[Ficheiro:Nao Victoria.jpg|miniatura|dereita|235px|Réplica da ''Victoria'', a primeira nao en dar a volta ao mundo]]
A armada fixo escala nas [[illas Canarias|Canarias]] e alcanzou a costa da [[América do Sur]], chegando o 13 de decembro a [[Río de Janeiro|Rio de Xaneiro]]. Continuando para o sur, atinxiron o porto de [[Puerto de San Julián|San Xiao]] á entrada do estreito, na extremidade da actual costa da Arxentina, onde o capitán decidiu hibernar. Irrompeu entón unha revolta contra a súa autoridade que el conseguiu dominar con habilidosa astucia{{Cómpre referencia}}. Despois de cinco meses de paraxe, tempo no cal a nave ''Santiago'' foi perdida nunha viaxe de recoñecemento, mais tendo sido os seus tripulantes rescatados, Magalhães encontrou o estreito que hoxe leva o seu nome, aprofundándose nel. Noutra viaxe de recoñecemento perdeuse outra nave, mais desta volta tratábase dun motín no Santo Antonio onde a tripulación, sen que soubese nada o seu capitán maior, iniciou unha viaxe de volta (realmente estes completaron a viaxe, espallando ofensas contra Magalhães en España).
 
En novembro a escuadra atravesou o estreito, penetrando nas augas do mar do sur, bautizado «Pacífico». Despois de cerca de catro meses, a fame, a sede e as doenzas (principalmente o [[escorbuto]]) comezaron a decimar a tripulación. No [[Océano Pacífico|Pacífico]] encontrou as [[nebulosa]]s que hoxe ostentan o seu nome: as [[nebulosas de Magalhães]].
|}
|}
Baixo o mando de [[Juan Sebastián Elcano]], decidiron queimar a nave ''Concepción'', visto o pequeno número de homes para gobernala, e finalmente conseguiron chegar ás Molucas. ''Trinidad'' acabou ali permanecendo para reparacións e a ''Victoria'' volveu soa para España, contornando o [[Océano Índico|Índico]] polo sur, co fin de non encontrar navíos portugueses. A ''Trinidad'', após as reparacións, tentou seguir unha ruta polo Pacífico até a América Central, onde podería contactar cos españois e levar a súa carga, pero acabou tendo de retornar ás Molucas onde seus tripulantes foron aprisionados polos portugueses que chegaran. A nau ''Victoria''" dobrou o [[Cabo de Boa Esperanza]] en [[1522]], fixo escala en [[Cabo Verde]], onde algúns homes foron detidos polos portugueses, alcanzando finalmente o porto de [[Sanlúcar de Barrameda]], soamente con 18 homes na tripulación.
 
Unha única nave completara a circunnavegación do globo ao alcanzar Sevilla o 6 de setembro de 1522. [[Juan Sebastián Elcano]] e o resto da tripulación da expedición de Magalhães e o último [[navío]] da frota, ''Victoria'', regresaron a España transcorridos practicamente tres anos desde a partida. A expedición de feito trouxo poucos beneficios financeiros, non conseguindo a tripulación recibir o pagamento.
{{Commonscat}}
 
{{ORDENAR:Magalhaes, Fernao de}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Magalhaes, Fernao de}}
[[Categoría:Exploradores]]
[[Categoría:Nados en 1480]]
393.002

edicións