Diferenzas entre revisións de «Lingua sánscrita»

m
Arranxos varios using AWB
(arranxo tamaño da imaxe)
m (Arranxos varios using AWB)
O termo ''sánscrito'' designa máis un conxunto de linguas saídas dunha lingua nai estendida no tempo e no espazo ca unha lingua única. O seu nome, ''saṃskr̥tam'', que significa "rematado" (ver máis abaixo), é bastante recente; a lingua durante séculos foi chamada simplemente ''vāc'' ou ''śabda'', « a palabra, a lingua », pois o sánscrito era sentido como a única lingua posíbel; algunhas designacións metafóricas, como ''gīrvāṇabhāṣā'', «lingua dos deuses », remarcan ben o seu carácter relixioso.
 
O primeiro senso de ''sánscrito'' é o de "indoario antigo", lingua nai que está na orixe de multitude de dialectos, e lingua irmá do iranio antigo (ou [[avéstico]]) co que está moi relacionado. De acordo con documentos atopados no país dos [[hitita]]s e redactados [[hitita|nesta outra lingua indoeuropea]], que incluían algúns nomes indoiranios, é posíbel determinar que unha forma do [[linguas indoiranias|indoiranio]] era falada no século XIV a.C.. A forma máis antiga de sánscrito testemuñada de maneira máis tanxíbel é chamado ''[[védico]]'': é a lingua na que están redactados os ''[[Vedas]]'', entre os cales está o ''[[Rig Veda|R̥g Veda]]'' ou « Veda dos himnos ''(r̥g-)'' », o máis antigo conxunto de textos do [[hinduísmo]]. Porén é moi difícil datar o ''[[Rig Veda|R̥g Veda]]'' en si, e, xa que logo, o comezo da historia real da lingua védica: os textos sagrados, en efecto, eran ante todo recitados e aprendidos de memoria (aínda o son agora) e a súa fixación por escrito é relativamente recente. Ademais, a súa composición prolóngase varios séculos. Algúns supoñen que os textos máis antigos remontan a mediados do século II. Esta lingua arcaica e pouco normativizada é unha das máis próximas ao [[lingua indoeuropea|indoeuropeo]] e móstrase preciosa para a [[lingüística comparada]]. A título indicativo, pódese indicar as principais diferenzas entre o '''sánscrito védico''' e o '''sánscrito clásico''' (ver máis abaixo esta noción de ''clásico''):
 
* numerosas formas paralelas e irregularidades, que o sánscrito clásico ha nivelar;
== As escrituras do sánscrito ==
 
Tendo unha tradición oral como a que ten, o [[hinduísmo]] non precisou fixar os seus textos. Só tardiamente se xeraliza o emprego do [[brahmi|brāhmī]] nun primeiro momento ([[alfasilabario]] usado para os editos de [[Ashoka]]) e despois da multitude de escrituras que del derivan, primeiro para os textos profanos, logo para os sagrados. Cada rexión da India utiliza a escritura que lle serve para notar a súa propia lingua para escribir textos sánscritos; de tal sorte, o sánscrito non ten escritura propia e, sobre todo, pode ser notado por diferentes alfasilabarios, que deben, polo tanto, ser capaces de representaren certos fonemas que normalmente non empregarían. Pódese dar un exemplo desta flexibilidade de uso das escrituras indias cunha mesma frase sánscrita notada en varias grafías: <br />
 
<p><center>[[Ficheiro:Phrase_sanskrit.png|700px|centro]]
 
''<br />Que [[Śiva]] abenzoe aos amantes da lingua dos deuses.'' ([[Kālidāsa]])</center>
 
<br />
<br />
Son os colonos ingleses os que, durante o seu dominio, impuxeron unha destas escrituras, a [[devanāgarī]], que tamén xurdiu da brāhmī. Hoxe en día o sánscrito é escrito maioritariamente en devanāgarī tanto na India como nas edicións occidentais.
 
393.002

edicións