Martin Luther King: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m Arranxos varios using AWB
Liña 28:
King e o CLCS escolleron con grande acerto os principios de protesta non-violenta, aínda que como medio de provocar e irritar as autoridades racistas dos lugares onde se daban as protestas -invariabelmente estas últimas actuaban de forma violenta. O CLCS tamén participou nas protestas en Alabany ([[1961]]-[[1962|62]]), que non tiveron éxito debido a divisións no seo da comunidade negra e tamén pola reacción prudente das autoridades locais; a seguir participou nas protestas en Birminghan ([[1963]]) e na protesta en St. Augustine ([[1964]]). King, o CLCS e o CNVCE uniron forzas en decembro de [[1964]], na protesta na cidade de Selma.
 
O [[14 de outubro]] de [[1964]] King converteuse na persoa máis nova en recibir o [[Premio Nobel da Paz]], que lle foi outorgado en recoñecemento o seu liderado na resistencia non-violenta e pola fin da discriminación racial nos Estados Unidos.
 
Coa colaboración parcial do CNVCE, King e o CLCS tentaron organizar unha marcha desde Selma ata a capital do [[Alabama]], Montgomery, prevista para o día [[25 de marzo]] de [[1965]]. Xa houbera dúas tentativas de promover esta marcha, a primeira o [[7 de marzo]] e a segunda o [[9 de marzo]].
 
* Na primeira, marcharon 525 persoas durante apenas 6 bloques; a intervención violenta da policía interrompeu a marcha. As imaxes da violencia foron transmitidas a todo o país, e o día gañou o apelido de ''Domingo Sanguento''. King non participou desta marcha: encontrábase en negociacións co presidente estadounidense, e non dera a súa aprobación para unha marcha tan precoz.
 
* A segunda marcha foi interrompida por King nas proximidades da ponte Pettus, nos arredores de Selma, unha acción que parece ter sido negociada anticipadamente con líderes das cidades seguintes. Este acto causou sorpresa e indignación de moitos activistas locais.
 
* A marcha finalmente completouse na terceira tentativa ([[25 de marzo]] de [[1965]]), co permiso e apoio do presidente [[Lyndon B. Johnson]]. Foi durante esta marcha cando [[Stokely Carmichael]] (futuro líder dos [[Panteras Negras]]) creou a expresión "[[Black Power]]".
 
Liña 43 ⟶ 41:
A partir de [[1965]] o líder negro pasou a dubidar das intencións estadounidenses na [[Guerra do Vietnam]]. En febreiro e novamente en abril de [[1967]], King fixo serias críticas ao papel que os EUA desempeñaban na guerra. En [[1968]] King e o SCLC organizaron unha campaña por xustiza socio-económica, contra a pobreza (a ''Campaña dos Pobres''), que tiña por obxectivo principal garantir axuda para as comunidades máis pobres do país.
 
Tamén debe ser destacado o impacto que King tivo nos espectáculos de entretemento popular. Conversou coa actriz negra da serie [[Star Trek]] orixinal, [[Nichelle Nichols]], cando ela ameazaba saír do programa. Nichelle consideraba que o papel non estaba axudando en nada a súa carreira e que o estudio a trataba mal, mais King convenceuna de que era importante para os negros ter un representante nun dos programas máis populares da televisión.
 
Martin Luther King era odiado por moitos segregacionistas do sur, o que culminou no seu [[asasinato]] no día [[4 de abril]] de [[1968]], momentos antes dunha marcha, nun hotel da cidade de [[Memphis]]. [[James Earl Ray]] confesou o [[asasinato]], e anos despois repudiou a súa confesión. A viúva de King, Coretta Scott King, xunto co resto da familia do líder, gañou un proceso civil contra Loyd Jowers, un home que armou un escándalo ao dicir que lle ofreceran 100.000 dólares polo [[asasinato]] de King.
 
Desde a súa morte, a reputación de King creceu tanto que chegou a converterse nun dos máis reverenciados na historia estadounidense, chegando a ser considerado como o equivalente a [[Abraham Lincoln]] do [[século XX]]. Os defensores desta comparación din que ambos foron líderes de grandes avances na adquisición de dereitos humanos - contra grandes dificultades - e ambos tiveron a mesma fin, asasinados pola causa que defenderon.
 
Existen diversos escritos e discursos de Martin Luther King, froito da súa longa experiencia como orador. A súa ''Carta da Prisión de Birmingham'', escrita en [[1963]], é unha descrición apaixonada da súa cruzada pola xustiza.
Liña 76 ⟶ 74:
{{Persoa do ano segundo a revista Time}}
 
{{ORDENAR:King, Martin Luther}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:King, Martin Luther}}
[[Categoría:Activistas]]
[[Categoría:Afroamericanos (Estados Unidos)]]