Diferenzas entre revisións de «Intestino delgado»

m
Arranxos varios using AWB
m (Bot: Substitución automática de texto (-[Cc]aption +Lenda))
m (Arranxos varios using AWB)
O quimo que se crea no [[estómago]] do bolo alimenticio mesturado co [[ácido clorhídrico]] a partir de movementos peristálticos mestúrase coas secrecións [[bile|biliar]] e [[páncreas|pancreática]] (ademais da propia duodenal) para non romper as capas do intestino delgado (xa que este ten un pH ácido) e é levado ó duodeno. O tránsito alimenticio continúa por este tubo duns 6 metros (no vivo) ó longo dos cales se completa o proceso da [[dixestión]] e efectúase a absorción das substancias útiles. Os fenómenos da [[dixestión]] e da [[Absorción dixestiva|absorción]] van depender grandemente do contacto do [[alimento]] coas paredes intestinais, polo que canto maior sexa este e nunha superficie máis ampla, tanto mellor será a dixestión e absorción dos alimentos. Isto dános unha das características morfolóxicas máis importantes do intestino delgado que son a presenza de numerosos pliegues que amplifican a superficie de absorción como:
# Dobras circulares.
# Vilosidades intestinais (de 0,5  mm de altura e un núcleo de lámina propia).
# Microvilosidades nas células epiteliais.
 
En xeral, pódense distinguir porque:
 
# O xexuno ten maior [[diámetro]] que o íleo (3 centímetros o xexuno, 2  cm o íleo).
# O xexuno ten máis plegues circulares, máis vellosidades intestinais e máis finas, mentres que o íleo ten menos.
# En cambio, no íleo os folículos linfoides ([[placa de Peyer|placas de Peyer]]) e a irrigación vascular en forma de arcadas é maior, que no xexuno. Ademais as súas paredes son máis delgadas e menos vascularizadas.
O final do intestino delgado é o íleo terminal que desemboca no cego por medio da válvula ileocecal.
 
Na constitución da parede intestinal, ademais das capas usuais de mucosa, [[submucosa]], muscular e serosa, destaca a presenza de acúmulos de tecido linfoide que alcanzan ata a submucosa. Localízanse no bordo antimesentérico e o seu número é de 30 ó 40, e ata 2,5  cm de diámetro. Como se mencionou anteriormente, son máis numerosos no íleo.
 
Toda a lonxitude do intestino delgado queda unida á parede posterior a través da raíz do [[mesenterio]]. Esta unión do mesenterio á parede posterior comeza a nivel da [[vértebra]] L2, cruza o gancho do páncreas (por onde penetra a arteria mesentérica superior), cruza diante da cava inferior, segue externamente ós vasos ilíacos comúns e externos para terminar na fosa ilíaca dereita, a nivel do promontorio, lateral á articulación sacroilíaca dereita, a uns 6  cm, da liña media.
 
== Irrigación arterial do intestino delgado ==
A mucosa intestinal está especializada na [[dixestión]] e a [[Absorción dixestiva|absorción]] de [[nutriente]]s e para iso ten que aumentar a súa [[superficie]] que dá á [[lume (anatomía)|luz]], de tres xeitos:
* Plegues circulares, válvulas de Kerckring ou plica, que son visibles a primeira ollada e son plegues permanentes formados por mucosa e submucosa.
* Vilosidades intestinais ou villi, que teñen un tamaño de 0,5 a 1  mm e dan a textura aterciopelada do interior do intestino.
* Criptas de Lieberkühn, que son [[glándula]]s tubulares situadas entre as vilosidades. No fondo destas criptas aparecen as [[célula de Paneth|células de Paneth]].
 
393.002

edicións