Alfabeto latino: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios using AWB
Liña 44:
O '''alfabeto latino''' é o [[alfabeto]] que se emprega maioritariamente para escribir as linguas de Europa occidental así como nos países que foron colonizados polos europeos. É, en competencia co [[alfabeto cirílico]] e, en menor medida, o [[alfabeto grego]], a [[Sistema de escrita|escrita]] occidental por defecto e egora - en razón da importancia económica e cultural dos países que a utilizan (como os [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]]) - unha escrita internacional: pódense atopar palabras escritas en letras latinas nas rúas de [[Xapón]] ou nas de [[Exipto]].
 
Chámase así a este alfabeto porque era, en orixe, o empregado polos [[Roma|romanosroma]]nos para escribiren a súa lingua, o [[latín]].
 
== Letras ==
Liña 58:
Por exemplo, os alfabetos utilizados para o [[Lingua francesa|francés]] e para o [[Lingua galega|galego]] non son idénticos (así, a letra ''[[ç]]'' non se emprega en galego e o francés, pola contra, non se serve de ''á''), por moito que os dous poidan ser retrotraídos ao alfabeto latino. Polo tanto, non sería falso falarmos dun alfabeto francés e dun alfabeto galego.
 
Como se ve, non existe un alfabeto latino fixo e constante; porén é posíbel illar os grafemas fundamentais utilizados na maioría das linguas: son os do alfabeto orixinario máis ''j'' e ''u'' así como ''w'':
 
=== Grafemas fundamentais ===
Liña 124:
 
[[Ficheiro:Alphabet latin archaïque.PNG|miniatura|500px|esquerda|O alfabeto latino arcaico (con diferentes variantes para cada letra)]]
O alfabeto latino ao principio era utilizado para escribir o [[latín]], a lingua falada polos habitantes de [[Roma]] e do [[Lacio]]. É derivado do [[alfabeto etrusco]], que á súa vez era unha variante dun [[alfabeto grego]] diferente do alfabeto chamado ''clásico '' (o que se emprga nas edicións actuais de textos gregos antigos e que está na base do alfabeto grego moderno). O alfabeto etrusco tiña algunhas letras inútiles (''B'', ''C'', ''D'' e ''O''), que nunca eran empregadas nas inscricións en razón do [[sistema fonolóxico]] do [[lingua etrusca|etrusco]], no que non se atopan [[oclusiva]]s [[fonema|sonoras]] nin a vogal /o/. Pola contra serán utilizadas polos latinos, que si tiñan eses sons.
 
As capitais (''[[maiúscula]]s'') son a forma normal deste alfabeto, sendo as [[minúscula]]s de invención tardía ([[minúscula carolina]] medieval, século IX d.C.) e, ao principio, utilizábanse non en contraste coas maiúsculas senón como sistema gráfico independente.
 
Algúns feitos notábeis deste alfabeto:
 
* non se distingue ''U'' de ''V'', que se escriben ámbolos dous ''V'';
Liña 134:
* a letra ''Q'', utilizada como variante de /k/ ante /u/ (é o ''[[koppa]]'' grego, inútil neste alfabeto e xa que logo ausente na variante clásica), só foi conservada para formar o [[dígrafo]] ''QV'' que nota o fonema [[labiovelar]] único /kʷ/, distinto da secuencia de consoantes /kw/: opónse así ''QVI'' /kʷi/ « o que » e ''CVI'' /ku̯i/ (con ditongo) « para o que ».
 
En conclusión, o [[latín]] empregaba 20 letras na súa variante arcaica:
 
:'''A, B, C, D, E, F, H, I, K, L, M, N, O, P, Q, R, S, T, V, X'''
Liña 146:
=== Alfabeto medieval e grafías ===
 
No transcurso dos séculos, as letras do alfabeto latino foron trazadas de xeitos diferentes. Estes tipos de escritura non constitúen alfabetos en si senón versións diferentes dun mesmo alfabeto, o cal coa invención da imprenta converteraos en tipos de caracteres; por exemplo:
 
* ''[[quadrata]]'';