Terremoto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 3853614 de 187.22.214.132 (conversa) rv. vandalismo
m →‎Datos: Arranxos varios using AWB
Liña 6:
A maior parte dos terremotos ocorren nas fronteiras entre [[placa tectónica|placas tectónicas]] ou en [[falla]]s entre dous bloques rochosos. A lonxitude dunha falla pode variar dalgúns centímetros ata milleiros de quilómetros, como é o caso da [[falla de Santo André]], na [[California]].
 
Só nos Estados Unidos ocorren de 12.000 a 14.000 terremotos anualmente (ou sexa, aproximadamente 35 por día). En base a rexistros históricos de longo prazo, pódense esperar por ano aproximadamente uns 18 grandes terremotos (de 7,0 a 7,9 na [[escala de Richter]]) e un terremoto xigante (8 ou por riba).
 
Entre os efectos dos terremotos están a vibración do solo, abertura de fallas, [[deslizamentos de terra]], [[tsunami]]s, mudanzas na [[rotación da Terra]], alén de efectos destrutivos en construcións feitas polo home, resultando en perda de vidas, feridos e altos prexuízos financeiros e sociais (como o desabrigo de poboacións enteiras, facilitando a proliferación de doenzas, fame etc).
 
O maior terremoto rexistrado foi o [[Gran Terremoto do Chile]] en 1960 chegando a 9,5 na escala de Richter, seguido polo [[Terremoto do Océano Índico 2004]], que rexistrou 9,1 na mesma escala.
 
 
== Véxase tamén ==