Sima Qian: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎Biografía: Arranxos varios using AWB
Liña 23:
 
== Biografía ==
Viviu no reinado do Emperador [[Wudi (Han)|Wudi]] ([[-141|141]]-[[-87|87 a.C.]]), un dos máis grandes soberanos chineses. Seu pai, Sima Tan (司馬談 / 司马谈, Sīmǎ Tán) era cronista da corte, cargo a medio camiño entre o de astrólogo e o de cronista propiamente dito, pois consistía tamén en anotar os fenómenos celestes e a súa influencia nos acontecementos humanos. A familia de Sima Qian instalouse en Maoling, nos arredores da capital [[Chang'an]].
 
Sima Qian tiña unha grande intelixencia, que mostrou desde a idade de dez anos, pois acadaba xa a ler os libros antigos. Aos vinte anos, completou a súa educación viaxando por provincias diversas como [[Jiangsu]], [[Anhui]], [[Zhejiang]], [[Hunan]] e [[Henan]]. Máis tarde, traballou para o goberno, efectuando, notabelmente, unha misión de inspección na rexión da actual cidade de [[Kunming]] (provincia de [[Yunnan]]), aínda acabada de ser conquistada polas forzas imperiais. As súas funcións permitíronlle efectuar novas viaxes polos catro ángulos do Imperio, salvo algunhas zonas consideradas de bárbaros entón, como a provincias de [[Fujian]] e de [[Guangdong]].
En [[-107]], logo dun dó de tres anos, Sima Qian sucedeu ao seu defunto pai no posto de cronista, tendo ao mesmo tempo acceso aos arquivos reais. Puido así continuar a obra ambiciosa emprendida xa polo pai: un libro que relatase toda a historia da China.
 
Sima Qian comezou a escribir en [[-104]]. Por desgraza, en [[-99]], despois de ter provocado a ira do Emperador Wu Di, ao implorar por un oficial acusado de traizón (Li Ling), foi condenado a ser castrado ou executado. Nesa época ser emasculado significaba a infamia e moitos chineses preferían morrer antes de vivir semellante deshonra. Sima Qian escolleu, porén, quedar vivo para acabar a súa obra e cumprir a promesa feita ao seu pai.