Intestino groso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
m Arranxos varios using AWB
Liña 1:
{{1000}}
[[Ficheiro:Stomach_colon_rectum_diagram-es.svg|dereita|miniatura|Localización do intestino groso no abdome]]
O '''intestino groso''' é a última porción do [[tubo dixestivo]], formada polo '''[[cego (intestino)|cego]]''', o '''[[colon]]''' e o '''[[recto]]'''. O [[intestino delgado]] únese ó intestino groso no [[abdome]] inferior dereito a través da [[válvula ileocecal]].
 
O intestino groso procede embrioloxicamente da parte da asa intestinal primitiva que sofre menor número de flexuras. Ó completar o intestino un xiro positivo de 270° (contrario ás agullas do reloxo) en torno ó eixo da [[arteria mesentérica superior]], o comezo do intestino groso atópase na fosa ilíaca dereita. Tendo en conta que existe un punto fixo (a cloaca primitiva que posteriormente orixinará o ano), o percorrido que fai o intestino primitivo debuxa perfectamente o futuro marco cólico do adulto. O marco cólico encadra as asas xexunais e ileais, que teñen situación inframesocólica.
Liña 10:
== Relacións das porcións do intestino groso ==
* '''Cego e válvula ileocecal:''' o [[Intestino cego|cego]] é a primeira porción do intestino groso. É case sempre intraperitoneal. Na súa continuación a colon ascendente pasa de intra a retroperitoneal. Por iso forma uns recesos no arranque do mesoapéndice e unión ileocecal. A válvula ileocecal está no sitio polo que o [[íleo]] terminal vai desembocar no cego. Esta desembocadura realízase por medio dunha abertura lonxitudinal rodeada de músculo circular (o lonxitudinal continúase directamente co colon ascendente e o cego). A súa función é posiblemente atrasar o progreso do contido intestinal cara ó intestino groso.
* '''Apéndice vermiforme:''' É un divertículo que aparece no intestino primitivo, sumamente infiltrado por [[linfocito|células linfoides]]. A súa lonxitude é variable (2-15 2–15 cm, como media 9  cm), así como a súa posición no abdome (ventromedial ó cego, retrocecal, subhepático etc.), que depende en gran medida da amplitude do mesoapéndice. É de gran interese [[diagnóstico]] pola frecuencia coa que se inflama, dando lugar á [[apendicite]].
* '''Colon ascendente:''' Esténdese desde o cego ata o ángulo hepático do colon (impresión cólica na cara inferior do fígado, formándose o ligamento hepatocólico). Relaciónase coas asas de [[intestino delgado]], [[ril]] dereito, e segunda porción do [[duodeno]], ademais das estruturas musculares da parede posterior: [[psoas]], [[cadrado lumbar]], [[transverso do abdome]], nervio femoral, cutáneo femoral lateral, ilio-hipogástrico, ilio-inguinal e xénito femoral: vasos gonadais, [[arteria ilíaca interna]] e óso ilíaco completan as relacións.
* '''Colon transverso:''' Do ángulo hepático ó esplénico do colon. Retido polo mesocolon transverso. O seu bordo de inserción pasa ó longo da cabeza e corpo do [[páncreas]]. A súa fusión co omento (epiplón) maior determina as súas relacións anatómicas: [[fígado]], [[estómago]], segunda porción do duodeno, páncreas, transcavidade dos epiplones, [[bazo]]. Un repregamento de peritoneo, o ligamento frenocólico une o [[Músculo diafragma]] co ángulo esplénico do colon.