Especie: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 3730771 de Paula de Luis Fernández (conversa)rv. neste caso é correcto que a
m Arranxos varios using AWB
Liña 9:
 
== Determinación dos límites ==
A determinación dos límites dunha especie é puramente subxectiva e, polo tanto, exposta ás modalidades da interpretación persoal. Algúns conceptos usuais son moi antigos, moi anteriores ao establecemento científico desta categoría sistemática. Pola contra, existen outros de límites moi vagos, nos cales os sistemáticos están en completo desacordo. Se as especies fosen inmutables, poderíase definir facilmente cada unha delas dicindo que é o conxunto de individuos (que foron, que son e que, de non [[extinción|extinguírense]], serán) de caracteres cualitativamente idénticos. Unha entidade así determinada non é realmente unha especie, senón o que usualmente se chama unha [[liña pura]] ou un [[clon]].
 
A tradición [[Aristóteles|aristotélica]] establecía que os xéneros se dividen en especies pero que a especie, á súa vez, pode converterse en [[Xénero (bioloxía)|xénero]] con respecto ás subdivisións secundarias.
Liña 16:
Existen multitude de definicións de especie:
 
:'''[[Carl von Linné|Linneo]]:''' «''Contamos tantas especies cantas formas distintas foron creadas no principio''» (Linneo, ''Phylosophya botanica'', traducida por Palau, páxina 83).
 
:'''[[Georges Cuvier|Cuvier]]:''' «''Especie é o conxunto dos individuos descendentes un de outro ou de pais comúns e dos que se lles parecen tanto coma aqueles entre si''»