Epistemoloxía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]
m Arranxos varios using AWB
Liña 4:
 
== Historia e características ==
O sentido da palabra ''epistéme'' é mellor comprendido se se compara co seu oposto, ''δόξα'' (dóxa), segundo [[Platón]]. ''Dóxa'' significa "opinión", "maneira de ver", "parecer", "crenza" etc., sendo o seu significado próximo a [[sentido común]]; esa opinión ten a connotación de coñecemento falso, ou baseado en algo falso, mal-construído, inconsistente etc. Así, a ''dóxa'' é aquel tipo de coñecemento van, vago, inútil, que expresa non a verdade, senón determinado punto de vista parcial e máis comprometido coa subxectividade de quen emite ese punto de vista que coa verdade do asunto do cal trata.
 
Contraposta á dóxa, a epistéme é o coñecemento, o logos, o enunciado comprometido co verdadeiro, e non cun punto de vista subxectivo e parcial (o cal, para Platón, era moi próximo da mentira). Este termo foi introducido por filósofos [[Alemaña|alemáns]] dentro da denominada ''Erkenntnistheorie'' ou teoría do coñecemento.
Liña 11:
 
* O '''coñecemento teórico''': tamén denominado [[episteme]], é o conxunto de todas aquelas informacións que describen e explican o mundo natural e social que nos rodea. Este coñecemento consiste en describir, explicar e predicir unha realidade, isto é, analizar o que ocorre, determinar o porqué e utilizar estes coñecementos para anticipar unha realidade futura.
* O '''coñecemento práctico''': é un saber actuar no mundo que nos fornecen as normas para vivir e ser felices.
 
O problema do coñecemento, xa que é unha crenza verdadeira, é que presenta algunhas dificultades á hora de recoñecer, o que é ou non verdadeiro. A [[verdade]] é un feito xustificable, esta ten dous sentidos.
Liña 18:
* '''Verdade de proposición''': tipo de verdade que non só se atribúe á realidade, senón, sobre todo, ás afirmacións que facemos sobre ela. As verdades de proposición poden ser de dous tipos: empíricas e formais.
 
A verdade de proposición empírica é a que afirma algo dos feitos e acontecementos do mundo. A verdade como correspondencia considera que unha proposición é verdadeira cando hai unha adecuación entre o que a proposición expresa e a realidade á que se refire. A verdade como suceso considera que unha proposición é verdadeira cando é útil e, por tanto, conduce ao suceso. Por outra parte se atopa a verdade das proposicións formais que non afirman nada a respecto da realidade. É un tipo verdade de coherencia, que considera que unha proposición é verdadeira se non entra en contradición co resto das proposicións aceitas.
 
A epistemoloxía tamén estuda os criterios para recoñecer e estar seguros da verdade: a [[evidencia]], sentimento que temos de seguranza da verdade tan claro, que non existe dúbida; e tamén a intersubxectividade, que defende a idea de que as nosas crenzas ten de ser aceptadas por calquera suxeito racional se queremos que sexan admitidas como verdadeiras e que constitúan coñecemento.
 
=== Posicionamentos ===
Ante a posibilidade do coñecemento existen diferentes actitudes que son as seguintes:
 
* [[Dogmatismo]]; actitude filosófica defendida por [[Descartes]] segundo a cal podemos adquirir coñecementos seguros e universais, e ter absoluta certeza diso.