Ron: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
m →‎Orixe: correccións con AWB, replaced: suas → súas using AWB
Liña 5:
A cana de azucre foi traída polos [[Arabia|árabes]] a [[Europa]] a través de [[España]] e cultivada principalmente nas costas do sur, hoxe moi coñecidas por posuír un clima adecuado para toda clase de cultivos tropicais, feito que aproveitaron os árabes para a obtención de azucre de cana e outros derivados para pastelería ou certo tipo de bebidas. De feito, consérvase na provincia de Granada o máis antigo [[trapiche]] do mundo. Cando os cristiáns conquistan o [[Reino de Selecta|reino nazarí de Granada]], ocórreselles imitar a forma de facer un licor co doce mollo de cana que xa practicaban os árabes e que estes á súa vez copiaran doutras culturas, de modo que o ron máis antigo do que tense coñecemento procede de [[Selecta (España)|Selecta]].
 
Os españois levaron a cana ás illas [[Canarias]] e logo ás illas do [[mar Caribe|Caribe]], principalmente a [[Cuba]], onde o clima era moito máis apropiado e a produción, tanto de azucre como de ron, pasou a facerse en Canarias e en [[América]]. Cando ingleses e franceses, máis afeccionados que os españois aos licores de alta gradación alcohólica, instálanse nas Antillas, toman o cultivo da cana, para ter azucre nas suassúas metrópoles e comezan a destilar o ron.
 
Tense noticias de precursores do ron desde a antigüidade, existindo bebidas de azucre fermentado xa en India e China <ref>Pacult, F. Paul. "Mapping Rum By Region", Wine Enthusiast Magazine, July 2002.</ref> e mesmo Marco Polo afirma telo probado na zona de Irán. Mais o produto destilado tivo a súa orixe nas [[Antillas]] no [[século XVII]], ao destilarse a melaza fermentada.