PL/1: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
m →‎top: correccións con AWB, replaced: suas → súas using AWB
Liña 1:
'''PL/1''', acrónimo de '''P'''rogramming '''L'''anguage '''1''' ('''L'''inguaxe de '''P'''rogramación '''1'''), foi proposto por [[IBM]] cara a [[1970]] para responder simultaneamente ás necesidades das aplicacións científicas e comerciais, dispoñible nas novas plataformas de utilidade xeral [[IBM S/360|IBM 360]] e máis adiante [[IBM 370]].
 
Esta linguaxe tiña moitas das características que máis adiante adoptaría a linguaxe [[Linguaxe de programación C|C]] e algunhas de [[C++]]. Por desgraza, IBM rexistra o nome da linguaxe como forma de manter control sobre o seu desenvolvemento, o que disuadiu a outras empresas de dar ese nome ás suassúas implementacións. Non sendo posible atopar unha única linguaxe para diversas plataformas, os potenciais usuarios da linguaxe preferiron non adoptalo a pesar das súas múltiples innovacións, que incluían multiprocesamiento, recursión, [[estruturas de control]] modernas, facilidades para a posta a punto, asignación dinámica de espazo para estruturas de datos, procedementos xenéricos etc.
 
Con todo, dentro dos usuarios de IBM, a linguaxe utilizouse con bastante intensidade, e o proxecto [[Multics]] utilizou PL/1 como linguaxe de desenvolvemento para o seu sistema de operación.