Ambiente: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Redirixida cara a "Medio Ambiente"
Liña 1:
*#REDIRECCIÓN [[Medio Ambiente]]
{{Fusión desde|ambiente}}
{{sen referencias}}
[[Ficheiro:Swamp lake Balarus.jpg|dereita|miniatura|350px|Medio ambiente natural.]]
 
O '''medio ambiente''' é o termo que designa a contorna ou daquilo que rodea, afecta e condiciona as circunstancias de vida dos seres vivos ou das [[sociedade]]s formadas por eles. Comprende o conxunto de valores [[Natureza|naturais]], [[Sociedade|sociais]] e [[Cultura|culturais]] existentes nun lugar e nun momento determinado, que inflúen na [[vida]] dos [[ser vivo|seres vivos]] e, por tanto, tamén do [[ser humano]] e nas xeracións vindeiras. E dicir, non se trata só do espazo no que se desenvolve a vida senón que tamén abarca seres vivos, obxectos, [[auga]], [[solo]], [[aire]] e as relacións entre eles. O [[Día Mundial do Medio Ambiente]] celebrase o [[5 de xuño]].
 
==Historia==
[[Hipócrates]] ([[-460|460]]-[[-375|375]] anos antes de Cristo), na súa obra ''Aires, augas e lugares'', resaltou a importancia do ambiente como causa de enfermidade.
 
[[Thomas Sydenham]] ([[1624]]-[[1689]]) e [[Giovanni Maria Lancisi]] ([[1654]]-[[1720]]), formularon a ''teoría miasmática'', na que o ''miasma'' é un conxunto de emanacións fétidas de [[solo|chan]]s e [[auga]]s impuras que son causa de enfermidade.
 
No [[século XIX]] con [[Chadwick]], [[William Farr]] ([[1807]]-[[1883]]) coa mortalidade dos mineiros, [[John Snow]] ([[1813]]-[[1858]]) con "Sobre o modo de transmisión do [[cólera]]", consolidouse a importancia do ambiente en epidemioloxía e a necesidade de utilizar métodos numéricos.
 
== Étimo ==
Como substantivo, a palabra "medio" procede do latín ''medium'' (forma neutra); como adxectivo, do latín ''medius'' (forma masculina). A palabra "ambiente" procede do latín ''ambiens, -ambientis'', e esta de ''ambere'', "rodear", "estar a ambos lados". O termo "medio ambiente" é parcialmente redundante, xa que os dous substantivos teñen unha acepción coincidente pero varias outras que non o son. O emprego de dous substantivos cunha acepción equivalente xustifícase neste caso para lograr unha maior precisión da lingua e evitar ambigüidades.
 
=== Concepto de ambiente ===
Na Teoría xeral de sistemas, un ambiente é un complexo de factores externos que actúan sobre un sistema e determinan o seu curso e a súa forma de existencia. Un ambiente podería considerarse como un superconxunto, no cal o sistema dado é un subconxunto. Un ambiente pode ter un ou máis parámetros, físicos ou de outra natureza. O ambiente dun sistema dado debe interactuar necesariamente con el.
 
En [[epidemioloxía]] o ambiente é o conxunto de factores chamados factores extrínsecos, que inflúen sobre a existencia, a exposición e a susceptibilidade do axente en provocar unha enfermidade ao hóspede.
 
En [[ecoloxía]] o ambiente é o conxunto de todos os [[factor]]es [[abiótico]]s, ou [[biótopo]] (auga, luz, temperatura, clima, presón. etc.) coma [[biótico]]s que conforman o [[Hábitat (ecoloxía)|hábitat]] da [[biocenose]] ou conxuntio de [[poboación]]s que, canda ela, constitúen o [[ecosistema]].
 
Estes factores extrínsecos son:
* '''Ambiente físico:''' [[Xeografía Física]], [[Xeoloxía]], [[clima]], [[contaminación]].
* '''Ambiente biolóxico:'''
# '''[[Poboación|Poboación humana]]:''' [[Demografía]].
# '''[[Flora]]:''' fonte de [[alimento]]s, inflúe sobre os [[vertebrado]]s e [[artrópodo]]s como fonte de axentes.
# '''[[Fauna]]:''' fonte de alimentos, hóspedes vertebrados, artrópodos vectores.
# '''[[Auga]]'''.
* '''Ambiente socioeconómico:'''
# '''Ocupación laboral''' ou traballo: exposición a axentes químicos, físicos.
# '''[[Urbanización]]''' ou contorna urbana e desenvolvemento económico.
# '''[[Desastre]]s:''' [[guerra]]s, [[inundación]]s.
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Ambiente]]
* [[CITES]]
* [[Convenio sobre a diversidade biolóxica]]
* [[Ecoloxía]]
* [[Protocolo de Quioto]]
* [[Quentamento global]]
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://ec.europa.eu/environment/integration/research/research_alert_en.htm Páxina do medio ambiente da Comisión Europea.] {{es}}
* [http://www.mma.es Ministerio de Medio Ambiente] {{es}}
 
[[Categoría:Medio ambiente]]