Ambiente: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 7:
== Étimo ==
Como substantivo, a palabra "medio" procede do latín ''medium'' (forma neutra); como adxectivo, do latín ''medius'' (forma masculina). A palabra "ambiente" procede do latín ''ambiens, -ambientis'', e esta de ''ambere'', "rodear", "estar a ambos lados". O termo "medio ambiente" é parcialmente redundante, xa que os dous substantivos teñen unha acepción coincidente pero varias outras que non o son. O emprego de dous substantivos cunha acepción equivalente xustifícase neste caso para lograr unha maior precisión da lingua e evitar ambigüidades.
 
=== Concepto de ambiente ===
Na Teoría xeral de sistemas, un ambiente é un complexo de factores externos que actúan sobre un sistema e determinan o seu curso e a súa forma de existencia. Un ambiente podería considerarse como un superconxunto, no cal o sistema dado é un subconxunto. Un ambiente pode ter un ou máis parámetros, físicos ou de outra natureza. O ambiente dun sistema dado debe interactuar necesariamente con el.
 
En [[epidemioloxía]] o ambiente é o conxunto de factores chamados factores extrínsecos, que inflúen sobre a existencia, a exposición e a susceptibilidade do axente en provocar unha enfermidade ao hóspede.
 
En [[ecoloxía]] o ambiente é o conxunto de todos os [[factor]]es [[abiótico]]s, ou [[biótopo]] (auga, luz, temperatura, clima, presón. etc.) coma [[biótico]]s que conforman o [[Hábitat (ecoloxía)|hábitat]] da [[biocenose]] ou conxuntio de [[poboación]]s que, canda ela, constitúen o [[ecosistema]].
 
Estes factores extrínsecos son:
* '''Ambiente físico:''' [[Xeografía Física]], [[Xeoloxía]], [[clima]], [[contaminación]].
* '''Ambiente biolóxico:'''
# '''[[Poboación|Poboación humana]]:''' [[Demografía]].
# '''[[Flora]]:''' fonte de [[alimento]]s, inflúe sobre os [[vertebrado]]s e [[artrópodo]]s como fonte de axentes.
# '''[[Fauna]]:''' fonte de alimentos, hóspedes vertebrados, artrópodos vectores.
# '''[[Auga]]'''.
* '''Ambiente socioeconómico:'''
# '''Ocupación laboral''' ou traballo: exposición a axentes químicos, físicos.
# '''[[Urbanización]]''' ou contorna urbana e desenvolvemento económico.
# '''[[Desastre]]s:''' [[guerra]]s, [[inundación]]s.
 
==Historia==